Castelao é noso
13,90 €X. L. Méndez Ferrín
92 pp . 12 x 19 cms.
ISBN 978-84-18567-61-2
Papel FSC Amigo dos Bosques
Castelao é noso reúne os ensaios que Xosé Luís Méndez Ferrín dedicou á figura política de Castelao dentro da súa coñecida serie de artigos «No Fondo dos Espellos» (publicada no Faro de Vigo entre 2007 e 2020). En total, trece textos aparecidos entre 2014 e 2019. Entre eles, a serie completa (en sete entregas) dos que titulou como «Castelao é noso», recollendo así un verso dun coñecido poema de Celso Emilio Ferreiro.
A presente edición, supervisada polo propio autor, está ao coidado do catedrático de Lingüística Xeral da Universidade de Vigo Fernando Ramallo, quen afirma no limiar: «A clarividencia coa que Ferrín reflexiona sobre a actividade política de Castelao permite achegármonos a unha mellor comprensión dos acontecementos que singularizaron a loita pola liberdade dunha etapa fundamental da nosa historia recente».
No texto, no que Ferrín percorre a súa memoria persoal e activismo político dende 1953 ata a actualidade, afirma o autor: «Castelao é dos demócratas, dos nacionalistas e dos antifeixistas. É dos republicanos. Sobre todo é dos que manteñen a memoria dos que sufriron e dos que perderon na Guerra Civil, coma el. Castelao é dos que resistiron o oprobio ao longo de corenta anos e máis».
Ferrín critica a apropiación da figura de Castelao por quen actúa en contradición co que o Guieiro fixo e deixou escrito.
Ler-as-primeiras-páxinas-de-Castelao-é-noso