• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

guerra-civil

Cartel histórico de 1932: Estatuto de Galicia (facsimilar)

6,00 

Camilo Díaz Baliño

 

Formato: 32×45 cms
Cartolina estucada semi-mate de 300 gr.

 

Este cartel reproduce a portada do anteproxecto do Estatuto de Galicia de 1932 (catro anos antes de ser plebiscitado, en xuño de 1936, o texto definitivo). A publicación leva por título Estatuto de Galicia, Litografía e Imprenta Roel, A Coruña, 1932. Esta capa foi impresa por Roel pero as páxinas interiores do documento, tituladas Autonomía Gallega. El Estatuto de Galicia y La Asamblea Regional de Municipios, foron impresas por Tipografía El Eco de Santiago.

 

O autor é todo un pioneiro do deseño galego, Camilo Díaz Baliño, nacido en Ferrol en 1889, director artístico do Concello de Santiago de Compostela nos anos 30 do século pasado e asasinado polo franquismo o 14 de agosto de 1936.

 

Díaz Baliño foi irmán da pintora e profesora Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1905-1963) e pai do refundador de Sargadelos e editor Isaac Díaz Pardo (Santiago, 1920-2012).

 

A presente edición facsimilar foi realizada en Max Dixital en Santiago de Compostela a partir do arquivo orixinal de Xosé Ramón Fandiño, biógrafo de Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo.

 

Cartel histórico de 1936: Festas de Santiago (facsimilar)

6,00 

Camilo Díaz Baliño

 

Formato: 23×45 cms
Cartolina estucada semi-mate de 300 gr.

 

Este cartel é realmente singular, pois foi realizado nos días previos ao golpe de Estado de Franco e do inicio da Guerra Civil. É o cartel deseñado para as Festas do Apóstolo de 1936. De feito, chegou a ser repartido, a comezos de xullo, entre os establecementos públicos da cidade de Compostela, mais axiña sería totalmente retirado. Ondeaban xuntas nel as bandeiras da IIª República española e de Galicia. Un soño que remataría, eses días, en traxedia.

 

O autor é todo un pioneiro do deseño galego, Camilo Díaz Baliño, nacido en Ferrol en 1889, director artístico do Concello de Santiago de Compostela nos anos 30 do século pasado e asasinado polo franquismo o 14 de agosto de 1936, polo esta obra sería toda unha despedida.

 

Díaz Baliño foi irmán da pintora e profesora Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1905-1963) e pai do refundador de Sargadelos e editor Isaac Díaz Pardo (Santiago, 1920-2012).

 

A presente edición facsimilar foi realizada en Max Dixital en Santiago de Compostela a partir do arquivo orixinal de Xosé Ramón Fandiño, biógrafo de Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo.

 

 

Sonetos del amor oscuro [Facsímil de la edición clandestina de 1983]

13,90 

Federico García Lorca

 

 

24 pp . 12 x 15 cms.
ISBN 978-84-18567-79-7

 

 

Rescatamos, en riguroso facsimilar, a primeira edición dos Sonetos del amor oscuro de Federico García Lorca. Un volume publicado de modo clandestino en 1983. Aquela insólita e polémica edición pirata rexorde agora, nun exemplar totalmente fiel ao orixinal, reprodución exacta dunha verdadeira xoia bibliográfica.

 

 

No outono de 1983 aparecía en España, de forma clandestina, a primeira edición dos coñecidos como Sonetos del amor oscuro de Federico García Lorca. Unha publicación non venal, de 250 exemplares numerados, que se distribuíu de maneira anónima a unha listaxe selecta de personalidades da cultura española de entón. Nela non figuraba o nome do autor, tampouco se identificaban as citas de apertura, nin había referencia algunha a imprenta, editoriais ou promotores.

 

A sorprendente circulación de aquel libro, cuxo obxectivo sería provocar a publicación «oficial» deste conxunto de poemas que Lorca escribira entre 1935 e 1936, causou un enorme impacto.

 

Dende Alvarellos Editora quixemos rescatar aquel libro pirata, e facelo nunha edición totalmente fiel á orixinal, porque pensamos que se trata dunha verdadeira xoia bibliográfica.

 

 

Esta edición foi composta na mesma tipografía Bodoni do orixinal e impresa en papel tipo vergado Conqueror Laid Oister de 120 gramos. Para a capa e a sobrecuberta eliximos unha cartolina Bristol ready Rojo Fuego: 180 gramos para a capa e 250 para a nova sobrecuberta. Igualmente, respectamos o mesmo sistema de montaxe/encadernado da primeira edición, atada cun cordel bicolor.

 

 

Sobre a edición clandestina de 1983

 

«Fue un juego literario exquisito».
MARIO HERNÁNDEZ

 

«Una pequeña joya».
JOSÉ LUIS CANO

 

«A mí me llegó una copia, sin remitente, anónima. Yo no sabía nada de este asunto, ¡lo juro!».
IAN GIBSON

 

Sobre os Sonetos del amor oscuro

 

«Solo tiene parangón, en lengua española, con san Juan de la Cruz o Quevedo».
MIGUEL GARCÍA-POSADA

 

«Toda la obra de Lorca está transida de amor homosexual. Es un prodigio de escritor, hablando solo de este tema habla a todos los hombres y mujeres del mundo».
LUIS ALBERTO DE CUENCA

 

«Me leía sus Sonetos del amor oscuro, prodigio de pasión, de entusiasmo, de felicidad, de tormento, puro y ardiente monumento al amor».
VICENTE ALEIXANDRE (1937)

 

«Me dijo de memoria seis o siete sonetos (…)
de una increíble belleza».
PABLO NERUDA (1968)

 

 

 

 

 

Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).