3,50 

Cartel histórico de 1936: Festas de Santiago (facsimilar)

Camilo Díaz Baliño

 

Formato: 23×45 cms
Cartolina estucada semi-mate de 300 gr.

 

Este cartel é realmente singular, pois foi realizado nos días previos ao golpe de Estado de Franco e do inicio da guerra civil. É o cartel deseñado para as Festas do Apóstolo de 1936. De feito, chegou a ser repartido, a comezos de xullo, entre os establecementos públicos da cidade de Compostela, mais axiña sería totalmente retirado. Ondeaban xuntas nel as bandeiras da IIª República española e de Galicia. Un soño que remataría, eses días, en traxedia.

 

O autor é todo un pioneiro do deseño galego, Camilo Díaz Baliño, nacido en Ferrol en 1889, director artístico do Concello de Santiago de Compostela nos anos 30 do século pasado, e asasinado polo franquismo o 14 de agosto de 1936, polo esta obra sería toda unha despedida.

 

Díaz Baliño foi irmán da pintora e profesora Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1905-1963) e pai do refundador de Sargadelos e editor, Isaac Díaz Pardo (Santiago, 1920-2012).

 

A presente edición facsimilar foi realizada en Max Dixital en Santiago de Compostela a partir do arquivo orixinal de Xosé Ramón Fandiño, biógrafo de Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo.

 

 

Compartir