El mar tenía un amargo sabor a lágrimas. Memorias (1937-1945)
28,50 €Syra Alonso
528 pp. 15,5 x 23 cms
ISBN 978-84-18567-98-8
Papel FSC. Amigo dos Bosques
A escritora galega Syra Alonso (A Coruña, 1899-México, 1970), inédita ata hoxe en castelán, emerxe nestas páxinas coma unha nova voz para a literatura española no exilio.
Unha parte destas Memorias viu a luz en galego no ano 2000 no selo editorial A Nosa Terra (con reedición en 2025 por Alvarellos Editora), pero o recente achado en México, por parte de Conrado J. Arranz Mínguez, de novos e valiosos manuscritos, posibilitou esta magna edición, agora completa e anotada.
Publicada baixo o título El mar tenía un amargo sabor a lágrimas. Memorias (1937-1945), estamos ante unha das crónicas más impactantes da represión exercida polos sublevados durante a guerra civil española. Describindo a súa dor, Syra Alonso reconstrúe un trauma colectivo e documenta unha época feroz, cunha enorme calidade literaria.
Ata agora, fóra de Galicia, a súa figura atopábase silenciada, difuminada pola historia. No verán de 1936 ela emprendera unha loita desesperada para salvar ao seu marido, o pintor Francisco Miguel, que sería asasinado en setembro de 1936. En 1937 Syra inicia a escrita destas Memorias en Galicia en 1937 e, aínda que as concluiu en México en 1945, durante toda a súa existencia continuou reelaborando os manuscritos coma un proxecto de vida, de resistencia persoal e de anhelo de transmisión cara o futuro.
200 PÁXINAS INÉDITAS
A edición en castelán incorpora 200 páxinas rigorosamente inéditas, a partir dos manuscritos localizados en 2025 en México por Conrado J. Arranz. Entre elas, e principalmente, o capítulo titulado “Memoria da Coruña” onde Syra narra a súa infancia e xuventude na súa cidade natal, conta como coñeceu ao seu home, o pintor Francisco Miguel, e relata os seus viaxes xuntos nos anos 20 a París ou Madrid, ata a época na que viviron en México entre 1927 e 1933.
A presente edición ao coidado de Conrado J. Arranz a partir dos arquivos dos tres fillos do matrimonio Syra-Francisco Miguel (Francisco Alberto, Juan Ramón e Sandro), conta con textos introdutorios de Teresa Fernández Hernández, Carme Vidal, Carmen García-Rodeja, Patricia de los Ríos Lozano e Yirel de la O Molina e o propio estudo do editor literario.
