• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autor

Aurora Marco

Aurora Marco (Noguera de Albarracín, Teruel, 1948). Doutora en Filosofía e Letras pola USC, catedrática na Facultade de Ciencias da Educación, no campo da investigación é autora de numerosos libros e artigos, editora de varios volumes e colaboradora de obras colectivas. Desenvolve unha intensa actividade como conferenciante. Da súa extensa obra salientan biografías sobre Carvalho Calero, Avilés de Taramancos, Ramiro Paz Carbajal, Áurea Lorenzo Abeijón, María Vinyals… Nos últimos 30 anos especializouse na recuperación da traxectoria das mulleres galegas e, de maneira especial, das represaliadas: As precursoras (1993), Mulleres e educación en Galiza. Vidas de mestras (2002), Dicionario de mulleres galegas (2007), Mulleres na guerrilla antifranquista galega (2011), Mª Teresa Alvajar. Memorias dunha republicana (2012), Elas (2015); Irmandiñas (2020). Pola súa obra ensaística foi galardoada con diferentes premios: «Tomás Barros», «Ánxel Fole», «Luís Tilve», «Mulleres en Acción», «Galiza Mártir», entre outros; e como guionista e produtora de documentais recibiu co seu fillo Pablo Ces o «Mestre Mateo» e o «Xohana Torres».

Libros do Autor

Carmiña Sierra. A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos

19,50 

228 pp. Formato: 13×23 cms
ISBN 978-84-18567-45-2
Impreso en Papel Amigo dos Bosques

Entre as poucas mulleres que ingresaron no Seminario de Estudos Galegos en 1923, a primeira admitida naquela entidade científica, a poucos días de se constituír, foi unha cesureña que percorreu case todo o século XX, Carmiña Sierra Domínguez (Pontecesures, 1906-Caracas, 1996). Esta obra de Aurora Marco descúbrenos unha biografía totalmente descoñecida  . Carmiña Sierra estudou Filosofía e Letras en Compostela, obtivo unha cátedra de Literatura Española e exerceu en varios centros de ensino medio fóra de Galiza. Tras a sublevación militar, rexentou co seu home unha granxa en Cortinallas (Pontecesures) e, tras ser detida polo súa militancia política e compromiso antifranquista, estivo tres anos encarcerada en Ventas. A comezos dos anos 50 exiliouse en Venezuela.

Esta monografía dedícase a recuperar unha traxectoria tan rica en experiencias, en afectos, e en compromiso polas causas da xustiza e a liberdade, e abrangue todo o seu percurso vital, desde o nacemento até a morte. O libro enriquécese cun cento de imaxes e documentos históricos moi descoñecidos.