galicia

Cartel histórico de 1924: Festas de Santiago (facsimilar)

3,50 

Camilo Díaz Baliño

 

Formato: 2o×45 cms
Cartolina estucada semi-mate de 300 gr.

 

O autor deste cartel das Festas de Santiago de 1924 é todo un pioneiro do deseño galego, Camilo Díaz Baliño, nacido en Ferrol en 1889, director artístico do Concello de Santiago de Compostela nos anos 30 do século pasado, e asasinado polo franquismo o 14 de agosto de 1936.

 

Díaz Baliño foi irmán da pintora e profesora Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1905-1963) e pai do refundador de Sargadelos e editor, Isaac Díaz Pardo (Santiago, 1920-2012).

 

A presente edición facsimilar foi realizada en Max Dixital en Santiago de Compostela a partir do arquivo orixinal de Xosé Ramón Fandiño, biógrafo de Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo.

 

 

Cartel histórico de 1932: Estatuto de Galicia (facsimilar)

3,50 

Camilo Díaz Baliño

 

Formato: 32×45 cms
Cartolina estucada semi-mate de 300 gr.

 

Este cartel reproduce a portada do anteproxecto do Estatuto de Galicia de 1932 (catro anos antes de ser plebiscitado, en xuño de 1936, o texto definitivo). A publicación leva por título Estatuto de Galicia, Litografía e Imprenta Roel, A Coruña, 1932. Esta capa foi impresa por Roel pero as páxinas interiores do documento, tituladas Autonomía Gallega. El Estatuto de Galicia y La Asamblea Regional de Municipios, foron impresas por Tipografía El Eco de Santiago.

 

O autor é todo un pioneiro do deseño galego, Camilo Díaz Baliño, nacido en Ferrol en 1889, director artístico do Concello de Santiago de Compostela nos anos 30 do século pasado, e asasinado polo franquismo o 14 de agosto de 1936.

 

Díaz Baliño foi irmán da pintora e profesora Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1905-1963) e pai do refundador de Sargadelos e editor, Isaac Díaz Pardo (Santiago, 1920-2012).

 

A presente edición facsimilar foi realizada en Max Dixital en Santiago de Compostela a partir do arquivo orixinal de Xosé Ramón Fandiño, biógrafo de Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo.

 

Cartel histórico de 1933: 1ª Feira de Mostras Rexional Galega (facsimilar)

3,50 

Camilo Díaz Baliño

 

Formato: 32×45 cms
Cartolina estucada semi-mate de 300 gr.

 

Cartel da “1ª Feria de Muestras Regional Gallega de Santiago”, de 1932. O autor é todo un pioneiro do deseño galego, Camilo Díaz Baliño, nacido en Ferrol en 1889, director artístico do Concello de Santiago de Compostela nos anos 30 do século pasado, e asasinado polo franquismo o 14 de agosto de 1936.

 

Díaz Baliño foi irmán da pintora e profesora Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1905-1963) e pai do refundador de Sargadelos e editor, Isaac Díaz Pardo (Santiago, 1920-2012).

 

A presente edición facsimilar foi realizada en Max Dixital en Santiago de Compostela a partir do arquivo orixinal de Xosé Ramón Fandiño, biógrafo de Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo.

 

 

Cartel histórico de 1936: Festas de Santiago (facsimilar)

3,50 

Camilo Díaz Baliño

 

Formato: 23×45 cms
Cartolina estucada semi-mate de 300 gr.

 

Este cartel é realmente singular, pois foi realizado nos días previos ao golpe de Estado de Franco e do inicio da guerra civil. É o cartel deseñado para as Festas do Apóstolo de 1936. De feito, chegou a ser repartido, a comezos de xullo, entre os establecementos públicos da cidade de Compostela, mais axiña sería totalmente retirado. Ondeaban xuntas nel as bandeiras da IIª República española e de Galicia. Un soño que remataría, eses días, en traxedia.

 

O autor é todo un pioneiro do deseño galego, Camilo Díaz Baliño, nacido en Ferrol en 1889, director artístico do Concello de Santiago de Compostela nos anos 30 do século pasado, e asasinado polo franquismo o 14 de agosto de 1936, polo esta obra sería toda unha despedida.

 

Díaz Baliño foi irmán da pintora e profesora Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1905-1963) e pai do refundador de Sargadelos e editor, Isaac Díaz Pardo (Santiago, 1920-2012).

 

A presente edición facsimilar foi realizada en Max Dixital en Santiago de Compostela a partir do arquivo orixinal de Xosé Ramón Fandiño, biógrafo de Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo.

 

 

Más allá de la meta

19,50 

Emilio Navaza

 

220 pp . 15,5 x 23,5 cms.
978-84-18567-16-2

Un século de atletismo galego a través de 23 crónicas e cen fotografías

Emilio Navaza, veterano xornalista deportivo (e ex atleta) leva a cabo, en Más allá de la meta, unha inesquecible crónica ilustrada a través de cen anos de atletismo galego. A partir de 23 singulares historias esta obra rescata algúns dos intres e dos protagonistas máis destacados, mulleres e homes dun deporte cuxos valores son a constancia, o esforzo e a superación.

 

 

Microrrelatos [Premiados en 2021 e 2022]

11,00 

Vv Aa

 

52 pp. Formato 14 x 21 cms
ISBN 978-84-18567-29-2
Impreso en papel FSC Amigo dos Bosques

Np-G-microrrelatos-21_22

 

O presente volume reúne os textos gañadores da IIIª e IVª edición do Certame de Microrrelatos Día do Libro organizada polo Concello de Vilalba e Culturalia GZ en 2021 e 2022. Son en total dezasete composicións, pertencentes a tres categorías: Infantil, Xuvenil e Persoas adultas.

 

Os microrrelatos desenvolven, en moi poucas liñas, toda unha trama; esta brevidade –e intensidade– é sen dúbida un atractivo para as persoas lectoras de hoxe, que gozarán destas 17 pequenas grandes historias.

 

Este é o segundo volume publicado deste Certame, despois do aparecido en 2020, que recollía os relatos gañadores das dúas primeiras edicións. O premio consolídase por tanto coa publicación destas novas historias, atractivas… e brevísimas, como esixe o xénero.

 

Gañadoras IIIº Certame [2021]
Infantil
Mencía Naz Martín
Paula Pérez Cendán

Xuvenil
Abril Viqueira Pose
Lucía Martínez Lago
Mariña Maceiras Segovia

Persoas adultas
José Ángel Corral Suárez
José Manuel Souto Lema
Patricia Torrado Queiruga

 

Gañadoras IVº Certame [2022]

Infantil
Paula Pérez Cendán
Sabela Vidal Barreiro
Emilia Manso Rodríguez

Xuvenil
Carlota Millor Prado
Mariña Maceiras Segovia
Fernanda del Carmen Moraes Vidal

Persoas adultas
Óscar Reboiras Loureiro
Patricia Torrado Queiruga
Raquel Fernández Fernández