11,00 

Microrrelatos [Premiados en 2021 e 2022]

VV. AA.

 

52 pp. Formato 14 x 21 cms
ISBN 978-84-18567-29-2
Impreso en papel FSC Amigo dos Bosques

Np-G-microrrelatos-21_22

 

O presente volume reúne os textos gañadores da IIIª e IVª edición do Certame de Microrrelatos Día do Libro organizada polo Concello de Vilalba e Culturalia GZ en 2021 e 2022. Son en total dezasete composicións, pertencentes a tres categorías: Infantil, Xuvenil e Persoas adultas.

 

Os microrrelatos desenvolven, en moi poucas liñas, toda unha trama; esta brevidade –e intensidade– é sen dúbida un atractivo para as persoas lectoras de hoxe, que gozarán destas 17 pequenas grandes historias.

 

Este é o segundo volume publicado deste Certame, despois do aparecido en 2020, que recollía os relatos gañadores das dúas primeiras edicións. O premio consolídase por tanto coa publicación destas novas historias, atractivas… e brevísimas, como esixe o xénero.

 

Gañadoras IIIº Certame [2021]:

 

Infantil:
Mencía Naz Martín

Paula Pérez Cendán

 

Xuvenil:
Abril Viqueira Pose
Lucía Martínez Lago
Mariña Maceiras Segovia

 

Persoas adultas:
José Ángel Corral Suárez
José Manuel Souto Lema
Patricia Torrado Queiruga

 

Gañadoras IVº Certame [2022]:

 

Infantil:
Paula Pérez Cendán
Sabela Vidal Barreiro
Emilia Manso Rodríguez

 

Xuvenil:
Carlota Millor Prado
Mariña Maceiras Segovia
Fernanda del Carmen Moraes Vidal

 

Persoas adultas:
Óscar Reboiras Loureiro
Patricia Torrado Queiruga
Raquel Fernández Fernández

Compartir