Cartel de Urbano Lugrís (1957): “Alegoría carnavalesca”
4,50 €Medidas 32×45 cms
Impreso en cartolina estucada semi-mate de 350 gramos
Reprodución facsimilar
Cartel realizado a partir da portada que Urbano Lugrís creou en 1957 para o número 24 da popular revista Vida Gallega. Nel rende homenaxe ao Entroido galaico. Leva por título “Alegoría carnavalesca” e nel aparece, en primeiro plano, unha recreación dun peliqueiro de Laza (municipio ourensán onde se mantén vivo un dos Entroidos máis antigos e xenuínos do mundo), rodeado doutros rostros, nunha composición plena de cores e onde o célebre “azul patinir” de Lugrís xorde entre a visión da paisaxe e a vestimenta dos personaxes.
Para mercar o pack cos cinco carteis, aquí.
Alvarellos Editora conmemora en 2023 o “Ano L”, o ano do 50 cabodano dun dos creadores (artista e escritor) máis inspirados, orixinais e sedutores da historia de Galicia. Desde 2008 esta editorial publicou a obra literaria completa e dispersa de Urbano Lugrís, en dous volumes ao coidado da profesora da Universidade da Coruña, Olivia Rodríguez González: Balada de los mares del norte e El tesoro de Punta Herminia y otros textos sumergidos.