• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

16,00 

Seis poemas galegos [Edición facsimilar e ilustrada]

Premio ao Mellor Libro Editado en Galicia en 2018

 

Federico García Lorca

 

 

60 pp . 17 x 21 cms.
ISBN 978-84-16460-53-3

 

Edición facsimilar do libro galego máis reeditado e traducido de todo o século XX. Incorpora as fotografías do poeta en Galicia. Nunha edición ao coidado de Henrique Alvarellos.

 

NP_Premio_seis_poemas_galegos_GALA NP_Cast_seis_poemas_galegos

NP_Gal_seis_poemas_galegos

 

Federico García Lorca foi un gran embaixador da cultura galega. A única lingua na que decidiu escribir, á parte do seu castelán natal, foi a galega. A primeira edición dos Seis poemas galegos saíu do prelo de Ánxel Casal en Santiago de Compostela en decembro de 1935,  oito meses antes do asasinato do gran poeta granadino. A tiraxe apenas superaba os douscentos exemplares e foron moi poucos os que sobreviviron ao saqueo dos fascistas en agosto do 36.

 

Non obstante, os poemas galegos de Lorca serían axiña incorporados ás súas obras completas e reeditados e traducidos durante este tempo por todo o mundo. Hoxe constitúen o libro en galego máis difundido do século XX.

 

AS FOTOGRAFÍAS DE GARCÍA LORCA EN GALICIA

 

A presente edición facsimilar reproduce fielmente un daqueles contados exemplares de 1935. Respecta, por unha banda, o deseño, formato e papel orixinais da editorial Nós; por outra, incorpora, como un singular apéndice gráfico, as fotografías comentadas de García Lorca en Galicia, ata dez imaxes de 1916 e 1932 obtidas na terra onde el se sentía “poeta gallego… poeta de alta hierba, de la lluvia alta y pausada”, algunhas delas, moi descoñecidas, mais outras catro fotografías directamente relacionadas coa xestación dos Seis poemas galegos.

 

O editor e escritor Henrique Alvarellos, responsable da edición, tamén este ano, do libro El gran viaje de estudios de García Lorca (Alvarellos Editora), ocupouse neste facsimilar da selección e comentario de cada unha das fotografías.

 

Este coidado volume recibiu na IV Gala do Libro Galego o Premio ao Mellor Libro Editado en Galicia en 2018.

00a2c5fcef27
Compartir

Autoría

Federico García Lorca (Fuente Vaqueros-Granada, 1898–Víznar-Granada, 1936) é hoxe o poeta español máis lido de todos os tempos, autor tamén en lingua galega dos Seis poemas galegos (Edicións Nós, Santiago de Compostela, 1935) que esta editorial recuperou en edición facsimilar e ilustrada. Integrante da Generación de 1927, é autor dunha selecta obra en verso (onde destacan os poemarios Romancero gitano, Poema del cante jondo, Poeta en Nueva York ou os Sonetos del amor oscuro, cuxa primera edición non se publicou ata 1983, unha edición clandestina que Alvarellos Editora rescatou en facsimilar en 2025. Lorca é tamén un enorme autor teatral (con obras como Bodas de sangre, Yerma ou La Casa de Bernarda Alba). A súa poesía conecta dun xeito único a tradición popular coa vangarda. O 25 de outubro de 2018, coincidindo cos cen anos da publicación do seu primeiro libro (Impresiones y paisajes) e os 120 do seu nacemento, celebrouse en Compostela, e diversos lugares de Galicia o primeiro “Día de García Lorca en Galicia”, promovido por Alvarellos Editora. No noso catálogo tamén figura a viaxe de 1916 na que Lorca decidiu ser escritor, e a fascinación que sentiu por Santiago de Compostela.
Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).