Cartel histórico de 1932: Estatuto de Galicia (facsimilar)
6,00 €Camilo Díaz Baliño
Formato: 32×45 cms
Cartolina estucada semi-mate de 300 gr.
Este cartel reproduce a portada do anteproxecto do Estatuto de Galicia de 1932 (catro anos antes de ser plebiscitado, en xuño de 1936, o texto definitivo). A publicación leva por título Estatuto de Galicia, Litografía e Imprenta Roel, A Coruña, 1932. Esta capa foi impresa por Roel pero as páxinas interiores do documento, tituladas Autonomía Gallega. El Estatuto de Galicia y La Asamblea Regional de Municipios, foron impresas por Tipografía El Eco de Santiago.
O autor é todo un pioneiro do deseño galego, Camilo Díaz Baliño, nacido en Ferrol en 1889, director artístico do Concello de Santiago de Compostela nos anos 30 do século pasado e asasinado polo franquismo o 14 de agosto de 1936.
Díaz Baliño foi irmán da pintora e profesora Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1905-1963) e pai do refundador de Sargadelos e editor Isaac Díaz Pardo (Santiago, 1920-2012).
A presente edición facsimilar foi realizada en Max Dixital en Santiago de Compostela a partir do arquivo orixinal de Xosé Ramón Fandiño, biógrafo de Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo.