• 0 Items - 0,00 €
    • Non hai produtos no carriño.
Novo

19,90 €

Dolores del Río: a palabra e a cruz

Ana Belén Feijoó Valencia

231 pp. 13 x 23 cms
ISBN 979-13-88293-01-6
Papel FSC Amigo dos Bosques

NP_GAL_DOLORES-DEL-RÍO

 

Non podemos entender a nosa historia –política ou cultural– galega, a do último século e medio do noso país, sen escoitar, sen coñecer, todas as voces. Tamén as que máis nos poidan incomodar. Voces como a da autora coruñesa Dolores del Río Sánchez-Granados.

Unha figura totalmente esquecida, por varios motivos: pola histórica exclusión das mulleres da cultura (e máis se esas mulleres actuaron fóra dos centros hexemónicos españois), porque escribiu nunha etapa que é das menos estudadas da literatura galega (de 1913 é o seu primeiro texto en galego), e pola súa posición ideolóxica.

Autora dun só libro en vida, Dolores del Río foi unha laureada poeta, docente, activista social na Coruña de entreséculos… e ultraconservadora. Coincidía coas feministas dos anos 20 na necesidade de dar espazo e osíxeno na vida pública ás mulleres intelectuais, de defender o dereito á educación… pero todo dende unha moral ultracatólica e españolista, que non lle impedía, non obstante, facelo en galego, mesmo en plena guerra civil.

«Enfrontarse á súa obra obríganos a soster algunhas incomodidades no centro do discurso: que moitas mulleres exerceron violencias patriarcais contribuíndo activamente a reforzar os mesmos límites que as aprisionaban», afirma Ana Belén Feijoó, autora deste revelador ensaio, un volume que incorpora unha antoloxía de textos (en galego e castelán) escritos entre 1896 e 1943.

 

 

 

Compartir

Autoría

(Xinzo de Limia, 1996) é investigadora, escritora e doutora cum laude en Historia da Arte pola Universidade Complutense de Madrid. A súa tese de doutoramento, «A través de Maruja Mallo. Identidad artística, teorías estéticas y estrategias de difusión» (2025), culmina seis anos de investigación dedicados á pintora galega da xeración española de 1927. As súas publicacións céntranse en escritos de arte, na pintura española do século XX e na recuperación de mulleres esquecidas da cultura galega, como é o caso deste seu primeiro libro, que nos descobre a figura de Dolores del Río.
Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).