• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

29,00 

La huella impresa

Textos e imágenes para una historia del arte gallego

 

Obra colectiva

 

485 pp. 15x 23 cms.
ISBN 978-84-89323-93-3

 

 

Autoría: ROSA MARGARITA CACHEDA BARREIRO, MIRIAM ELENA CORTÉS LÓPEZ, MARIO COTELO FELÍPEZ, ENRIQUE FERNÁNDEZ CASTIÑEIRAS, LEOPOLDO FERNÁNDEZ GASALLA, CARLA FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, BEGOÑA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, M. CARMEN FOLGAR DE LA CALLE, JOSÉ MANUEL GARCÍA IGLESIAS, ANTONIO GARRIDO MORENO, VIOLETA GONZÁLEZ FORTE, CARME LÓPEZ CALDERÓN, JOSÉ MANUEL LÓPEZ VÁZQUEZ, ANA I. MESÍA LÓPEZ, IVÁN REGA CASTRO, OFELIA REY CASTELAO, MARÍA RIVO VÁZQUEZ e DIEGO RODRÍGUEZ PAZ.

 

 

 

Unha nova visión da arte de Galicia e a súa relación con outras manifestacións artísticas e culturais. Esta é a proposta que recolle o presente volume titulado La huella impresa. Textos e imágenes para una historia del arte gallego. Unha publicación de Alvarellos Editora e a Universidade de Santiago dirixida polo historiador Juan Manuel Monterroso Montero e coordinada por Carla Fernández Martínez.

 

Dezaoito historiadores da arte —integrantes do grupo de investigación Iacobus da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago— dan a coñecer nestas páxinas o resultado das súas últimas investigacións. Un esforzo colectivo, ilustrado con 130 imaxes, que abre novos camiños na interpretación da arte galega. Os especialistas estudan o patrimonio desde a arquitectura, a estampa e a pintura contemporánea e poñen en diálogo todas estas expresións artísticas coa aparición e decisiva influencia da imprenta.

6d74d631e619
Compartir