• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

14,00 

O xornal na clase de Matemáticas

Unha nova proposta para aprender e se divertir cos números

 

Pp.: 115
Medidas: 13×23
Encadernación: capa branda plastificada con lapelas
Idioma: galego
Data de aparición: decembro 2009
ISBN: 978-84-89323-36-0

 

O xornal como recurso pedagóxico na clase de Matemáticas foi, ata agora, moi pouco explorado, mais as súas vantaxes para o alumnado –sobre todo en Secundaria– son múltiples: conecta os rapaces e rapazas coa realidade, motiva debates sobre a actualidade, lévaos a comprender mellor o tratamento da información e as claves das estatísticas que aparecen nos xornais; finalmente, posibilita a relación de coñecementos que atinxen a varias materias.

91e0bc157d0a
Compartir

Autoría

Cecilia Alvarellos Casas (Lugo, 1963) é licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago, onde se especializou en Estatística e Investigación de Operacións. Autora dos libros Matemáticas Universitarias I (1991), Xoguemos coas matemáticas na ESO (1994), Estatística descritiva (2000) e O xornal na clase de Matemáticas (2009). Como profesora de ensinanza media traballou en varios institutos de Galicia e foi directora do IES da Pastoriza (Lugo), onde exerceu durante tres anos e puxo en marcha este centro. Dende 2003 exerce no IES Val do Asma de Chantada (Lugo).