17,00 

GALICIA BAJO LA BOTA DE FRANCO

La edición clandestina de 1938

 

Formato: 13×23 cms. 281 pp.
ISBN: 978-84-89323-21-6
Lingua: castelán
Medidas: 13,5 X 23
Edición príncipe: 1938
1ª edición en Alvarellos Editora: 2005
2ª edición en Alvarellos Editora: 2017
Material complementario: Limiar e edición anotada por Carlos Fernández Santander. Tres Apéndices: “Otros escenarios: Lalín, Lugo y Ourense”, por Henrique Alvarellos Iglesias; “Falangistas coruñeses del año 38”, por Carlos Fernández, e Índice completo de nomes.

 

80 ANIVERSARIO DA PRIMEIRA EDICIÓN DE 1938

 

Os atroces acontecementos que sacudiron as provincias de Pontevedra e A Coruña entre agosto e decembro de 1936. Narrados por quen os viviu e sufriu. Galicia bajo la bota de Franco apareceu por primeira vez en castelán e francés en 1938 en Buenos Aires e París.

 

Unha crúa reportaxe periodística de autores anónimos onde se describe, con feroz realismo, o día a día en Vigo, A Coruña, Pontevedra, Santiago, Nigrán, Tui… nas tráxicas xornadas que seguiron ao golpe de Estado do xeneral Franco.

 

ALVARELLOS EDITORA reedita unha obra tan dura nos seus contidos como fundamental para coñecer e reflexionar sobre a dimensión duns feitos que endexamais poden volver a repetirse.

 

A presente edición conta cun Limiar e notas ao texto a cargo do historiador Carlos Fernández Santander (A Coruña, 1944), autor dunha das biografías máis completas sobre Franco e de máis de trinta libros sobre a guerra civil española e as catro décadas de ditadura que a seguiron. Ademais deste estudo de Fernández Santander, a presente edición complétase con tres Apéndices onde se narran outros escenarios da represión franquista en Galicia non recollidos no libro (a comarca do Deza, Lugo ou Ourense), se aporta un listado de falanxistas coruñeses de 1938 e se ofrece un práctico índice cos centos de nomes de vítimas e verdugos que aparecen citados ao longo das case 300 páxinas desta reveladora edición. Fernández Santander cita, no seu prólogo, a Luís Seoane e Manuel Domínguez Benavides como probables autores de Galicia bajo la bota de Franco, “un libro –di– que tuvo en su momento una gran difusión, pues se publicó tanto en castellano como en francés, y por varias editoras”.

 

UNHA NARRACIÓN VIBRANTE, ÉPICA E DE DENUNCIA ANTE EUROPA

Carlos Fernández define este libro como un instant-book da época, cun estilo “vibrante, ágil, combatiente, en ocasiones épico, donde se cita sin ningún reparo nombres de víctimas y represores, con una narración clara y periodística y un propósito bien claro: denunciar al mundo lo que está ocurriendo en Galicia, donde sólo en cinco meses de 1936, de agosto a diciembre, varios miles de personas habían sido fusiladas, o asesinadas –que para el caso era lo mismo– sin más ‘delito’ que profesar unas ideas o ser autoridad, en mayor o menor grado, de un Gobierno que había ganado las últimas elecciones generales, en febrero de 1936, de forma democrática”.

0f3378596ba6
Compartir

Autoría

INTERVENCIÓN DE ISAAC DÍAZ PARDO NA PRESENTACIÓN DA OBRA NA CORUÑA EN 2005 (AUDIO DE 4 MINUTOS):

» Escoita a Isaac Díaz Pardo na presentación da obra (A Coruña, 15/12/05)

INTERVENCIÓN DE XESÚS ALONSO MONTERO NA PRESENTACIÓN DA OBRA EN VIGO EN 2005:

» Conferencia do profesor Xesús Alonso Montero na presentación en Vigo de Galicia bajo la bota de Franco (3/2/06).

“Un libro casi septuagenario escrito con un estilo vibrante, ágil, combatiente y en ocasiones épico, con el que hay que contar para recuperar la memoria histórica de un tiempo apasionado”. CARLOS FERNÁNDEZ, en “Culturas” de LA VOZ DE GALICIA,

31/12/05 “Rescatada del olvido una obra clave sobre represión en Galicia”. CARMEN ESCRIGAS, en EL CORREO GALLEGO,

16/12/05 “Unha desgarradora reportaxe xornalística onde os autores describen, dende o anonimato e con feroz realismo, as tráxicas xornadas que seguiron ao golpe franquista en cidades e vilas da Coruña e Pontevedra”. SUSO VARELA, en LA VOZ DE GALICIA

31/12/05 “A reedición de “Galicia bajo la bota de Franco” (…) constitúe unha estremecedora e detallada crónica daqueles primeiros días nos que foron asasinados en Vigo, entre outros, o primeiro alcalde da Segunda República, Blein Budiño, e o propio alcalde socialista Emilio Martínez Garrido”. MANUEL BRAGADO, en Faro de Vigo, 29/01/06.

• O suplemento “Culturas” do diario La Voz de Galicia cualificou este libro como un dos ensaios do ano 2005 (31/12/05).