Faro de Vigo – 15/05/2013: http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/05/15/libro-rescata-olvido-figura-humanista-canitrot/810552.html
O xornal na clase de Matemáticas
14,00 €Unha nova proposta para aprender e se divertir cos números
Pp.: 115
Medidas: 13×23
Encadernación: capa branda plastificada con lapelas
Idioma: galego
Data de aparición: decembro 2009
ISBN: 978-84-89323-36-0
O xornal como recurso pedagóxico na clase de Matemáticas foi, ata agora, moi pouco explorado, mais as súas vantaxes para o alumnado –sobre todo en Secundaria– son múltiples: conecta os rapaces e rapazas coa realidade, motiva debates sobre a actualidade, lévaos a comprender mellor o tratamento da información e as claves das estatísticas que aparecen nos xornais; finalmente, posibilita a relación de coñecementos que atinxen a varias materias.
