• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autor

Luís Menéndez

Luís Menéndez Villalva (Ourense, 1959) é licenciado en Xornalismo pola UCM (1981). Desenvolveu unha ampla traxectoria profesional internacional tendo sempre como pivote a súa terra, Galicia. Especialista no Camiño de Santiago, foi galardoado co Premio Nacional “Álvaro Cunqueiro” (1982). Traballou en numerosas publicacións de prensa, radio e televisión, e foi dos pioneiros da TVG desde onde creou a serie dos galegos no mundo pola que recibiu o Premio Galicia de Xornalismo (1990). Tamén, entre outros moitos proxectos multimedia, elaborou a triloxía documental das Terras de Merlín, Terras do Leste e Terras de Acolá, un compendio de diversidades culturais destiladas neste libro. É moi coñecido tamén o seu labor a prol dos dereitos dos xornalistas e da liberdade de prensa que defende desde o seu posto electo (Dublín, 2013) no comité executivo da International Federation of Journalists. Galleira passport é a terceira obra do autor despois de Toda Terra é dos homes. Galegos no Mundo e Vida e viaxes na Galeguidade.

Libros do Autor

GALLEIRA PASSPORT

19,00 

CRÓNICAS VIAXEIRAS DO SÉCULO XXI

 

Formato: 243 pp. 13 x 23 cms
ISBN: 978-84-89323-57-5

 

Relatos de viaxes con historias que atrapan dende o primeiro intre. Galleira é Galicia na xerga gremial dos afiadores, o irónico e mundial barallete. O termo serviulle de alicerce a Luís Menéndez, xornalista ambulante, para ganduxar tres inesquecibles travesías polas realidades multiculturais de 26 países. Desde Irlanda a Bretaña, desde Estonia a Chipre, de Brasil e Timor-Leste ata Mozambique.

 

Con Limiar de Manuel Rivas e ilustrado con fotografías das mellores travesías.

 

Do autor das series documentais da Televisión de GaliciaTerras de Merlín, Terras do Leste e Terras de Acolá. Inclúe un código “QR” con acceso directo á series da TVG que orixinaron estas viaxes.