• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.
NovoNovo

22,90 

Con pólvora e magnolias [Ed. facsimilar 50 aniversario]

X. L. Méndez Ferrín

FICHA TÉCNICA: 116 pp
18 x 20’2 cms
ISBN 978-84-18567-95-7
PAPEL FSC. Amigo dos Bosques

 

Rigorosa edición facsimilar do libro que, en 1976, marcaría un novo tempo para a poesía galega. Con pólvora e magnolias  de X. L. Méndez Ferrín. É unha obra histórica, pola calidade e novidade da súa poesía, máis tamén polo seu singular formato e deseño. A presente edición foi impresa en papel kraft como o orixinal e cun entapado manual, coas lapelas pegadas, tal e como fora presentada hai medio século. Inclúe un Epílogo do especialista Anxo Angueira e a reprodución de manuscritos orixinais.

RÉPLICA EXACTA DUN LIBRO INESQUECIBLE

Impresa utilizando o mesmo tipo de papel kraft de cor marrón no interior e verxurado na cuberta, esta edición facsimilar é pois unha perfecta réplica da orixinal de 1976: no formato (18 x 20,2 cms), nas cores amarela escura da capa e na violeta para todos os textos, na tipografía, e mesmo foi reproducido o sistema de lapelas pegadas, mediante un entapado, feito un a un, de cada exemplar.

«O libro padeceu un boicot, pero venceu polo deseño», afirma hoxe Méndez Ferrín.

«Esta obra tíñao todo para se converter nun referente poético daqueles anos, pero tamén para erixirse, como se erixiu, nun artefacto literario cuxa vixencia permanece cincuenta anos despois». Anxo Angueira.

 

NP_GAL_Con-pólvora_e_magnolias_abril_2026

 

 

 

Compartir

Autoría

"X. L. Méndez Ferrín (Ourense, 1938) é un dos máximos referentes da literatura galega contemporánea. Autor dunha depurada, orixinal e prestixiosa obra literaria. Nela destaca, en narrativa, O crepúsculo e as formigas (1961), Retorno a Tagen Ata (1971), Crónica de nós (1980), Arraianos (1991) ou No ventre do silencio (1999). Como poeta, publica Con pólvora e magnolias (1976), Estirpe (1994) ou Contra Maquieiro (2005). A súa obra ensaística ocupa un espazo fundamental na súa escrita: en 1984 ve a luz De Pondal a Novoneyra, e dende 2007 ata 2020 asinou, cada sábado, nas páxinas de Faro de Vigo, a serie No fondo dos espellos, unha abraiante e erudita achega de artigos. Fotografía de Zaldi Ero."
Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).