• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.
Novo

20,50 

María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo

Aurora Marco

272 pp . 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-18567-84-1
PAPEL FSC Amigo dos Bosques

Aurora Marco, catedrática da USC e especialisa na recuperación da memoria de mulleres galegas, especialmente as represaliadas, rescata do esquecemento a figura da mestra María Vázquez Suárez (Santiago, 1894-Pontedeume, [?], 1936).

Un ensaio de 272 páxinas que aporta ata cen fotografías e documentos históricos, a maior parte deles, descoñecidos.

Relata a autora no Limiar:

«Aquel 19 de agosto de 1936 resoaron na noite os disparos que acabaron coa vida dunha mestra vocacional, dunha renovadora pedagóxica, dunha muller progresista, militante socialista, afervoada defensora dos dereitos femininos, (…) No período republicano, as mestras tiveron un papel capital, como os mestres. O que acontece é que as súas achegas, e até os seus nomes, ficaron con moita frecuencia invisibilizados».

Nacida en Compostela, con raíces en Sober, estudou Maxisterio na Coruña, mestra na Pobra do Caramiñal e en Miño, e enterrada en Pontedeume.
Tantos anos despois, estas páxinas son memoria reparadora, loita contra o esquecemento.

A carón do relato incorpóranse o lamentable expediente de depuración, aberto catro anos despois do seu asasinato.

Compartir

Autoría

Aurora Marco (Noguera de Albarracín, Teruel, 1948). Doutora en Filosofía e Letras pola USC, catedrática na Facultade de Ciencias da Educación, no campo da investigación é autora de numerosos libros e artigos, editora de varios volumes e colaboradora de obras colectivas. Desenvolve unha intensa actividade como conferenciante. Da súa extensa obra salientan biografías sobre Carvalho Calero, Avilés de Taramancos, Ramiro Paz Carbajal, Áurea Lorenzo Abeijón, María Vinyals… Nos últimos 30 anos especializouse na recuperación da traxectoria das mulleres galegas e, de maneira especial, das represaliadas: As precursoras (1993), Mulleres e educación en Galiza. Vidas de mestras (2002), Dicionario de mulleres galegas (2007), Mulleres na guerrilla antifranquista galega (2011), Mª Teresa Alvajar. Memorias dunha republicana (2012), Elas (2015); Irmandiñas (2020). Pola súa obra ensaística foi galardoada con diferentes premios: «Tomás Barros», «Ánxel Fole», «Luís Tilve», «Mulleres en Acción», «Galiza Mártir», entre outros; e como guionista e produtora de documentais recibiu co seu fillo Pablo Ces o «Mestre Mateo» e o «Xohana Torres». En 2023 publica Carmiña Sierra. A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos (Alvarellos Editora) obra finalista como mellor ensaio do ano nos Premios Follas Novas.
Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).