• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

15,00 

El alumbrado público en Santiago

Unha historia de luces e sombras na vella Compostela.

 

Páxinas: 138
Medidas: 13×23
Idioma: castelán
Data de publicación: maio 2009
ISBN: 978-84-89323-29-2
Encadernación: rústica plastificada con lapelas
Ilustracións: fotografías e documentos de época

 

A nova obra do investigador santiagués José Antonio Tojo Ramallo titúlase El alumbrado público en Santiago, un ensaio publicado conxuntamente por Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago. Nel, Tojo Ramallo, quen xa é autor doutros tres libros de historia local, repasa dun xeito ameno e documentado as orixes e desenvolvemento do sistema público de alumeamento, desde as súas orixes hai xustamente dous séculos:

 

Na protohistoria do alumeamento de Santiago sitúanse os coquines ou mullidores, personaxes que, ata o século XVIII, percorrían as rúas portando un facho e unha campaíña e rogando a voces o rezo dun Noso Pai polas ánimas do purgatorio e do Arcebispo Fonseca.

 

DOUSCENTOS ANOS DE LUCES E SOMBRAS

Logo chegaría o aceite. En 1809 instálase en Santiago o primeiro sistema de alumeamento público do que temos noticia. Pretendíase aumentar a seguridade nas rúas ante a invasión dos franceses. Os primeiros farois instaláronse ao redor de 1822, os chamados farois de reverbero, construídos por artesáns locais do latón e do ferro, e mantidos polos vedores.

 

“A NOITE ESTÁ VARRIDA DA TERRA”

Tras o aceite, o gas; e, finalmente, a revolución da luz eléctrica. Santiago foi a primeira cidade de España que probou ese novo invento coñecido como electricidade. Foi un 2 de abril de 1851, no claustro da Universidade. “A noite está varrida da terra”, exclamou unha das testemuñas daquel acontecemento. Pero aínda habería que esperar case medio século para ver chegar a luz eléctrica ás rúas máis céntricas.

 

Un breve pero rigoroso e ameno ensaio dunha época na que a cidade de Santiago foi entrando, aos poucos, niso que chamamos modernidade e progreso. Dous séculos de luces e sombras na vella Compostela.

 

» ver caderniño gráfico

9109a64065d5
Compartir

Autoría

José Antonio Tojo Ramallo é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e Técnico en Dirección de Mercadotecnia e Comunicación polo Instituto de Directivos de Empresa. Autor de numerosos artigos en prensa e revistas especializadas, publicou varios libros de historia local: Testimonios de una represión. Santiago de Compostela. Julio 1936-Marzo 1937 (1990), Fiestas del Apóstol 1500-1985 (1996) e Agua y Saneamiento en Santiago de Compostela (1998); e dous de historia militar: Lobos acosados. Historia de los submarinos alemanes hundidos frente a las costas de Galicia durante la Segunda Guerra Mundial (2000) e Cazadores de Barcos. Historia de los submarinos alemanes en las costas de Galicia durante la Primera Guerra Mundial (2008).