Autor

José Antonio Tojo Ramallo

"José Antonio Tojo Ramallo é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e Técnico en Dirección de Mercadotecnia e Comunicación polo Instituto de Directivos de Empresa. Autor de numerosos artigos en prensa e revistas especializadas, publicou varios libros de historia local: Testimonios de una represión. Santiago de Compostela. Julio 1936-Marzo 1937 (1990), Fiestas del Apóstol 1500-1985 (1996) e Agua y Saneamiento en Santiago de Compostela (1998); e dous de historia militar: Lobos acosados. Historia de los submarinos alemanes hundidos frente a las costas de Galicia durante la Segunda Guerra Mundial (2000) e Cazadores de Barcos. Historia de los submarinos alemanes en las costas de Galicia durante la Primera Guerra Mundial (2008)."

Libros do Autor

ALUMBRADO PÚBLICO EN SANTIAGO, EL

15,00 

Unha historia de luces e sombras na vella Compostela.

 

Páxinas: 138
Medidas: 13×23
Idioma: castelán
Data de publicación: maio 2009
ISBN: 978-84-89323-29-2
Encadernación: rústica plastificada con lapelas
Ilustracións: fotografías e documentos de época

 

A nova obra do investigador santiagués José Antonio Tojo Ramallo titúlase El alumbrado público en Santiago, un ensaio publicado conxuntamente por Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago. Nel, Tojo Ramallo, quen xa é autor doutros tres libros de historia local, repasa dun xeito ameno e documentado as orixes e desenvolvemento do sistema público de alumeamento, desde as súas orixes hai xustamente dous séculos:

 

Na protohistoria do alumeamento de Santiago sitúanse os coquines ou mullidores, personaxes que, ata o século XVIII, percorrían as rúas portando un facho e unha campaíña e rogando a voces o rezo dun Noso Pai polas ánimas do purgatorio e do Arcebispo Fonseca.

 

DOUSCENTOS ANOS DE LUCES E SOMBRAS

Logo chegaría o aceite. En 1809 instálase en Santiago o primeiro sistema de alumeamento público do que temos noticia. Pretendíase aumentar a seguridade nas rúas ante a invasión dos franceses. Os primeiros farois instaláronse ao redor de 1822, os chamados farois de reverbero, construídos por artesáns locais do latón e do ferro, e mantidos polos vedores.

 

“A NOITE ESTÁ VARRIDA DA TERRA”

Tras o aceite, o gas; e, finalmente, a revolución da luz eléctrica. Santiago foi a primeira cidade de España que probou ese novo invento coñecido como electricidade. Foi un 2 de abril de 1851, no claustro da Universidade. “A noite está varrida da terra”, exclamou unha das testemuñas daquel acontecemento. Pero aínda habería que esperar case medio século para ver chegar a luz eléctrica ás rúas máis céntricas.

 

Un breve pero rigoroso e ameno ensaio dunha época na que a cidade de Santiago foi entrando, aos poucos, niso que chamamos modernidade e progreso. Dous séculos de luces e sombras na vella Compostela.

 

» ver caderniño gráfico