¿A qué altura está el cielo? [1ª edición en castelán]
18,50 €Formato: 13 x 23 cm. 130 pp.
ISBN: 978-84-16460-74-8
A obra divulgativa ¿A qué altura está el cielo? (Alvarellos Editora, 2016), escrita polo Catedrático de Electromagnetismo da Universidade de Santiago, Jorge Mira, coa colaboración da escritora e enxeñeira María Canosa e ilustrada por Dani Padrón, alcanza a súa terceira edición –agora, ampliada e actualizada– en galego ao tempo que aparece publicada tamén esta primeira edición en castelán.
Ambas chegan avaladas co recoñecemento do prestixioso Premio Ciencia en Acción que recibiu esta obra en 2017 na modalidade de Mellor Material Didáctico de Ciencia.
Ademais, esta obra foi, en 2016, o 2º mellor ensaio galego do ano para as lectoras/es da revista Fervenzas Literarias e o 5º ensaio galego máis vendido tamén de 2016 segundo o Caderno da crítica.
¿A qué altura está el cielo? Velaquí unha das preguntas que se leva formulando o ser humano desde os albores da súa existencia. Este libro vainos dar a resposta a esta cuestión… e a moitas outras. O físico e comunicador científico Jorge Mira realiza unha apaixonante viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o Universo.
Despois de ler estas páxinas poderemos responder a cuestións coma estas: por que vemos o ceo azul ou o Sol amarelo? Como se puido saber a que altura están a Lúa, o Sol e os planetas? Como é posible calcular o lonxe que está unha estrela ou unha galaxia? Cal é a idade do Universo? E o seu tamaño? Que quere dicir que o Universo se expande? E a que velocidade o fai? É certo que foi un cura quen primeiro falou do Big Bang?…
Benvidas e benvidos a esta aventura.
Boa viaxe espacial!