MAMÁS E PAPÁS
16,00 €Outra mirada sobre as familias nun conto para primeiras lecturas
[EN LETRA MAIÚSCULA PARA FACILITAR A LECTURA]
Małgorzata Swędrowska
Joanna Bartosik
52 pp. 20 x 20 cm
ISBN: 978-84-18567-49-0
Capa dura. Cosidos con fío vexetal.
Impresos en papel ecolóxico.
+3 ANOS
Creado polas autoras polacas Małgorzata Swędrowska e Joanna Bartosik, mostra, dun xeito divertido e vistos desde os ollos das fillas e fillos, o papel de mamás e papás nos fogares, rachando cos clixés tradicionais.
TEXTO CONTRACAPA
Mamá dálle a todo. Ás veces, crava puntas.
Papá dálle a todo. Ás veces, prepara o caldo.
Mamá faime rir. Papá é agarimoso.
Mamá compón. Papá canta.
Papá lembra. Mamá soña.
Mamás e papás crean o mundo para nós habitar.
ARGUMENTO
A través de 50 escenas ou viñetas vaise retratando, ilustrando, o día a día de pais e nais nas súas vidas cotiás e o seu papel nos fogares. Ollados desde o punto de vista da xente máis nova da casa, vanse sucedendo situacións divertidas, soñadoras e poéticas.
CLAVES PARA A LECTURA
Historias ilustradas para nenas e nenos a partir dos 3 anos. Este conto complétase con outros dous títulos das mesmas autoras tamén publicados por nós Irmás e irmáns e Avoas e Avós. Os tres foron traducidos ao galego, directamente dende o polaco pola filóloga Ana Garrido. Os contos desenvolven outra mirada sobre as familias. Quen é mamá? Quen son as persoas que me coidan? Que fan cada día? Que desexan? Que soñan? Canto me queren?