• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autor

Jeanne Willis

Jeanne Willis é unha das autoras inglesas de libros infantís máis recoñecidas e queridas a nivel internacional. Ten dous fillos, vive en Londres a pasa o tempo libre cultivando o seu xardín, lendo ou coleccionando eirugas. A promesa do cabezolo é o seu primeiro libro traducido ao galego.

Libros do Autor

A promesa do cabezolo

16,00 

Jeanne Willis (texto) | Tony Ross (ilustración)

32 pp. 20,5 x 26 cms
ISBN: 978-84-16460-38-0
Capa dura – cosido – papel offset

 

Encantadora historia de amor entre unha larva de ra e outra de bolboreta, que nos vai sorprender ata o último intre e que nos deixará cunha fonda impresión.

 

As ilustracións son vibrantes, cheas de sensibilidade e de potencia expresiva.

 

Un álbum diferente, escrito e ilustrado cunha exquisita sensibilidade, por Jeanne Willis e Tony Ross. Novo título da colección Verdemar de Alvarellos Editora.

 

TEXTO CONTRACAPA

Foi no lugar en que o salgueiro bica a auga onde o cabezolo topou a eiruga.

Miráronse aos olliños…

…e namoraron.

Pero todo o mundo sabe que os cabezolos se transforman, e as eirugas tamén.

Cambiará isto o amor que senten o un pola outra?

Imos ver!

 

CLAVES PARA A LECTURA

Unha delicada historia sobre o amor e os cambios na vida. Presentada graficamente cun deseño moi orixinal, cheo de cor e sensibilidade, que nos pide ler a obra abrindo o libro en vertical. A transformación dun cabezolo en ra e dunha eiruga en bolboreta permítenos falar do fenómeno da metaformose. Tamén podemos debuxar e analizar o ciclo da vida e os cambios que acontecen co paso do tempo.