Autor

Rūta Briede

Rūta Briede ilustra libros, debuxa cómics, deseña espectáculos de marionetas e ensina na Academia de Arte de Letonia. A raíña das gaivotas foi o seu primeiro libro ilustrado, co que logrou, en 2017, amplo recoñecemento internacional conseguiu o Premio Internacional Jānis Baltvilks ao mellor debut. Rūta é así mesmo directora artística e escenógrafa dun espectáculo de monicreques baseado precisamente nesta historia.

Libros do Autor

A raíña das gaivotas

16,00 

Rūta Briede

44 pp. 22 x 17,5 cm
ISBN: 978-84-18567-34-6
Traducido do letón ao galego por Elīna Brasliņa, Lawrence Schimel e María Reimóndez
Capa dura. Papel ecolóxico FSC

Ficha-GAL-A-raíña-das-gaivotas_2022

A veciña rosmona que vivirá unha incrible viaxe…

A raíña das gaivotas é o primeiro conto letón que se publica en galego. Foi o debut, en 2017, da autora e ilustradora báltica Rūta Briede. Traducido agora por Elīna Brasliņa, Lawrence Schimel e María Reimóndez.

TEXTO CONTRACAPA
Esta é a historia de Renata. Ela semella a típica veciña rosmona que sempre está de mal humor polo boureo que fan as gaivotas.
Mais ás veces é certo que nos enrabechamos sen saber por que.
Ou se cadra hai un porqué, só que aínda non sabemos cal é?
Renata verase na obriga de recuperar a memoria do que quixo esquecer. Así será quen de escoitar, no grallar das gaivotas, moito máis ca ruído…

ARGUMENTO
Todo lle molesta a Renata: as gaivotas, a veciñanza, os ruídos… Ata que vive unha viaxe transformadora, de ensoño, de autodescubrimento. Nacerá nela a comprensión do outro, a empatía, e unha nova mirada sobre as persoas e o mundo.

CLAVES PARA A LECTURA
Transformar a rabia en responsabilidade e empatía.
Por qué nos enrabechamos coas cousas? Todo sería moito máis sinxelo axudándonos, tendo unha mirada máis amable e comprensible cara ás outras persoas.
A protagonista atopará un novo xeito de habitar o mundo, superando os erros e construíndo unha vida mellor.
As ilustracións están feitas con trazos sinxelos, cunha estética de cómic moi atractiva e directa.