TEXTO CONTRACAPA
Un espectáculo marabilloso.
ARGUMENTO
Este conto está inspirado na afastada India, na súa tradición e cultura. Alí, una nena chamada Naisha ten uns poderes moi especiais: é faquir, encanta serpes e mesmo camiña sobre as brasas. Aforra cartos para matricularse na escola de maxia, ilusionistas e faquires de Bombai, porque quere ser unha moi boa maga. Con esforzo e determinación vaino conseguir.
CLAVES PARA A LECTURA
Este álbum dinos que, con esforzo e con determinación, podemos chegar a conseguir os nosos desexos. Por moi singulares que sexan os nosos soños, por moi distintos ao que os demais agarden de nós. Este álbum celebra a diversidade e reivindica a ilusión como motor necesario para que cada nena e neno atope o seu lugar.
As ilustracións (feitas con técnica mixta, a base de lapis de cores, acuarelas, colaxes, etc.) están inspiradas na afastada India, na súa tradición e cultura, e capturan a maxia de Oriente. Viaxamos coa protagonista polos mercados de especias, cheos de cor, e internámonos no teatro de sombras ao ritmo de hipnóticas danzas.