A pés descalzos
18,90 €Katarzyna Samosiej
40 pp. Formato: 20 x 25,5 cm.
ISBN: 978-84-18567-72-8
Capa dura. Cosido con fío vexetal.
Impreso en papel amigo dos bosques.
Un álbum ilustrado que axuda a comprender ás persoas que senten todo con alta intensidade. A autora é a artista e terapeuta polaca Katarzyna Samosiej. Foi traducido do polaco ao galego por Ana Garrido e revisado por María Reimóndez.
IDADE DE INTERESE: + 6
NIVEL DE LECTURA: +6
Ficha-GAL-A-PÉS-DESCALZOS-2025
TEXTO DE CONTRACAPA
Os seres humanos tamén temos as nosas antenas. Isto é o que denominamos «sensibilidade». É o que fai que nos sintamos parte do mundo e que reaccionemos ante el. Gústanos sentir! Préstannos as apertas, os aloumiños. E tamén o contacto directo coa natureza.
Ser sensibles é experimentar emocións. Hai persoas que senten todo con alta intensidade. E disto trata este libro. Persoas que contan cunha imaxinación formidable, que son creativas, empáticas, preocupadas polas demais.
A sensibilidade é un agasallo. Sentir é existir!
Andar «A pés descalzos» é un conto fascinante e cheo de beleza. Anímaste a dar o primeiro paso… a pés descalzos?
CLAVES PARA A LECTURA
Comprender a riqueza da alta sensibilidade. Ser capaz de entender que cada persoa é singular e diferente, e diversa, e que hai moitas persoas que senten todo profundamente, e isto non ten nada de negativo.
O conto tamén ensina a sentir a natureza dun xeito especial, directo. Probar a camiñar a pés descalzos e notar a textura das diferentes superficies…
As ilustracións son poderosas, cheas de cromatismo e forza visual para ir desfrutando páxina a páxina.
Este volume incorpora unha explicación didáctica moi útil para entender ás persoas PAS (Persoas con Alta Sensibilidade).