• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autor

Lawrence Schimel

Lawrence Schimel naceu en Nova York en 1971 e vive en Madrid desde 1999. É autor e tradutor de literatura infantil e xuvenil e tamén de poesía, ficción e ensaio para adultos. Publicou ata hoxe máis de cen títulos, traducidos a varios idiomas. Algúns dos seus libros para novos lectores lograron importantes recoñecementos internacionais ao seren incluídos na lista de honra da Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY) ou no catálogo White Ravens que elabora, cada ano, a International Youth Library de Múnich. Precisamente, a primeira versión deste libro, titulada ¿Lees un libro conmigo? e editada en Colombia en 2005, foi seleccionada pola IBBY en 2007.

Libros do Autor

Como se di?

16,00 

Lawrence Schimel |  Ilustrado por Thiago Lopes

 

ISBN 978-84-18567-01-8
Pp: 36. Formato: 21,5 x 26 cm
Cartonado. Cosido a fío.
Impreso en Papel FSC Amigo dos Bosques

 

PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO 2022

 

Os mesmos autores de Queres ler un libro comigo? tráennos agora esta nova proposta: Como se di?, un conto que convida a participar activamente aos nosos primeiros lectores e lectoras.

 

TEXTO CONTRACAPA
Se lle tes que pedir permiso ao rei para xogar no labirinto do seu castelo, como se di?

E cando os avós che traen un agasallo da súa viaxe a Exipto, como se di?

Un conto cheo de imaxes fantásticas e nas que expresións como «por favor» ou «grazas» son a chave para viaxar coa imaxinación.

 

CLAVES PARA A LECTURA

Dicir “Por favor”, “Grazas”, “Boa tarde” ou “Bo día” é algo máis que un simple acto de cortesía. Son normas de convivencia, de “conexión” coas demais persoas, que deben formar parte de nós dende os primeiros anos.

Con este conto descubriremos a empatía, a tolerancia e a reciprocidade, valores que deben conformar a intelixencia social das nenas e nenos.

Un álbum ilustrado que convida directamente á participación activa das crianzas, pois está escrito coma un xogo de pregunta-resposta no que irán xurdindo esas fórmulas máis acaídas da cortesía, fórmulas que son realmente claves na interacción social.

 

PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO 2022

Como se di? recibiu en 2022 o Premio Frei Martín Sarmiento na súa edición número XVIII, como o mellor álbum ilustrado para primeiras lecturas. Un galardón que elixe o alumnado de máis de cen centros educativos da rede de Escolas Católicas de Galicia.

 

Idade de interese: +3  

Nivel de lectura: +5 

 

Queres ler un libro comigo?

16,00 

Lawrence Schimel | Ilustrado por Thiago Lopes

 

32 páxinas Formato: 25×21 cms
ISBN 978-84-16460-18-2
Capa dura.

 

Un álbum ilustrado que convida a compartir e a reflexionar sobre a diversidade [+3 anos].

 

EDICIÓN RENOVADA EN TAPA DURA

Antón xa sabía ler só, pero quería compartir o seu libro favorito. Saíu todo contento polo barrio e buscou, e buscou… pero nada. Todo o mundo parecía tan ocupado…!  Ata que atopou alguén inesperado con quen facer realidade o seu desexo…

Queres ler este libro comigo?

 

IDADE DE INTERESE: + 3
NIVEL DE LECTURA: + 5

 

Un álbum ilustrado no que se reflexiona, dun xeito divertido e didáctico, sobre a necesidade de compartir: neste caso, compartir un libro. O protagonista quere ler con alguén o seu libro favorito. Porque todo o que se comparte alcanza maior dimensión.

 

Ademais, este conto axuda a tratar temas como a exclusión, promovendo o respecto á diversidade. Revélanos que nunca debemos dar nada por feito. Que arredor dun hai todo un mundo de experiencias por descubrir e que todas as persoas suman nel.