• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autor

Dub Leffler

Dub Leffler pertence a unha familia de trece irmáns da pequena cidade de Quirindi, ao sur de Tamworth, en Nova Gales do Sur (Australia). Descende dos pobos indíxenas Bigambul e Mandandanji no suroeste de Queensland. Dub empezou a súa carreira nas artes visuais como animador e traballou como muralista e profesor de arte. Leva ilustrados varios libros para nenas e nenos e ten colaborado con ilustradores recoñecidos internacionalmente como Colin Thompson, Shaun Tan e Banksy. Había unha vez un neno é o primeiro libro escrito e ilustrado por Dub.

Libros do Autor

Había unha vez un neno

18,90 

76 pp. 26,5 x 20 cms
ISBN: 978-84-16460-60-1
Capa Dura. Cosido a fío. Impresión offset.

 

Publicado orixinalmente en Australia pola editorial indíxena Magabala Books, traemos ao galego por vez primeira o álbum ilustrado de Dub Leffler Había unha vez un neno. Unha historia sinxela e universal que conmove dende a primeira páxina. As ilustracións son magníficas, verdadeiras obras de arte.

Traducido por Marta Pérez e Quique Alvarellos.

 

TEXTO CONTRACAPA
Unha historia conmovedora e universal sobre a amizade, os desencontros e as reconciliacións.

“Escribín Había unha vez… para amosarlle a quen o lea que os nenos tamén teñen sentimentos –igual que as nenas– e que outras persoas tamén nos poden facer dano, e non pasa nada, sobre todo cando deixas que as amizades che boten unha man cando te sentes triste.” Dub Leffler.

 

ARGUMENTO
Había unha vez un neno que vivía só nunha illa. De súpeto coñece a unha nena. El pídelle que non mire dentro dunha pequena caixa que el garda con moito segredo, pero a ela pódelle a curiosidade… Ao final triunfa a reconciliación, a comprensión, a xenerosidade e a amizade.

 

CLAVES PARA A LECTURA
Partimos dunha historia sinxela e universal: a inocencia da amizade, os desencontros e as reconciliacións. A través dun relato que xira arredor dun neno, unha nena, unha illa deserta, un froito que sabe a chocolate e un corazón roto, extraemos unha lección para todos. A necesidade de compartir e comprender os sentimentos das outras persoas, poñéndonos na súa pel.

 

As ilustracións son magníficas: as impoñentes paisaxes da illa, un océano que vai cambiando as súas cores, as sombras dos mangleiros ou a forza dese corazón dourado… son todas verdadeiras obras de arte.

 

Idade de interese: +6
Nivel de lectura: +6