NP_GAL_Cadernos-Escolares-II-Republica_2022

22,90 €
Pp.: 180.
Formato: 26 x 19,5 cms.
ISBN 978-84-18567-30-8
Dous historiadores, especialistas en memoria democrática, Miguel Paz Cabo e Víctor Manuel Santidrián Arias, levan a cabo un detido estudo duns cadernos escolares do anos 30 descubertos o ano pasado no municipio de Teo. Esta edición inclúe a reprodución facsimilar de máis de cen páxinas orixinais e un limiar de Antón Costa Rico.
Os cadernos escolares da II República é un documento único sobre a pedagoxía galega nos anos da Segunda República.
A descuberta dos cadernos escolares do mestre de Teo (A Coruña) Bernardo Mato Castro (asasinado polos fascistas en 1936), elaborados polo seu alumno Antonio Rial Gallego, permítenos coñecer o traballo desenvolvido nas aulas naqueles días tan cheos de esperanza e innovación no eido educativo, e que tan pouco durarían…
Dous historiadores, especialistas en memoria democrática, Miguel Paz Cabo e Víctor M. Santidrián Arias, levan a cabo un detido estudo destes cadernos, dos que aquí se reproducen, en edición facsimilar, máis de cen páxinas.
Ofrécennos unha análise do ensino na II República, do labor de Bernardo Mato como mestre e como militante, e do seu dramático final, con reveladores documentos como o propio «Expediente de Depuración» do docente.
Pp.: 264. Formato 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-16460-73-1
Fernando Barcia Veiras é unha das figuras máis destacadas do Santiago republicano; non obstante, o seu nome permaneceu ata o día de hoxe no esquecemento, incluso dos seus propios compañeiros. Presidiu a Asociación Socialista de Santiago dende 1931 ata o seu asasinato en 1938; mestre rural e presidente da Asociación de Traballadores do Ensino, desempeñou un papel fundamental durante os meses do goberno da Fronte Popular e na aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia. A súa relevancia política e o seu carácter levárono finalmente a presidir o Comité Executivo para a Defensa da República, encargado de organizar a resistencia ao golpe de estado de xullo de 1936.
Esta obra rescata a súa figura e, coa axuda de fontes orais, arquivos familiares e militares, hemerotecas, etc., reconstrúe, a través da súa vida, a historia do Santiago republicano, as súas rúas e tendas, o seu bulicio e os seus protagonistas. Juan Jesús González, Jesús Parrado e Ramona Blanco volven visitar estes lugares atopándose con sinistros personaxes como Otilia Ulbricht ou Víctor Muñoz. Unha reconstrución histórica que nos permite reflexionar sobre o significado e o alcance da represión franquista.
Este ensaio –que equilibra perfectamente o rigor documental e a claridade da exposición– enriquécese con máis de cincuenta imaxes e documentos –que inclúen as cartas de despedida de Fernando Barcia– e 17 ilustracións do pintor Alfonso Martínez. Inclúe, por fin, e por primeira vez, unha ruta completa polo Santiago republicano.
Sete vidas baixo a sombra dun castelo
Formato: 23,5 x 15,5 cms. 248 pp.
ISBN galego 978-84-16460-70-0
Esta obra é o resultado dunha profunda e rigorosa investigación, con numeroso material inédito (documental, gráfico e de testemuños orais), sobre a apaixonante historia vital de María Vinyals y Ferrés, nacida en 1875 no Castelo de Soutomaior (Pontevedra).
María Vinyals medrou no seo dunha familia acomodada, acumulou intensas experiencias e acabou converténdose nunha prolixa escritora, nunha pioneira do feminismo e nunha muller preocupada pola sociedade que a rodeaba.
Na súa vida privada rebelaríase contra o desencanto dun matrimonio desgraciado. Co seu segundo marido –o médico cubano Enrique Lluria– compartiría ideais políticos e sociais, e xuntos chegarían a fundar, en 1910, un gran sanatorio, no vello teatro do propio Castelo de Soutomaior. Fixaron aquí a súa residencia xunto aos seus cinco fillos; catro procedían de matrimonios precedentes.
En 1917, afogados polas débedas e marxinados polos seus ideais políticos, María Vinyals e Enrique Lluria abandonarían para sempre o Castelo de Soutomaior. Foi entón cando os seus camiños, e os dos seus fillos Antonio, Enrique, Emilia, María Teresa e Roger, tomarían diferentes rumbos e nunca volverían a atoparse.
O presente ensaio histórico (publicado en tres idiomas: galego, castelán e inglés) repasa estas sete vidas que medraron baixo a sombra dun castelo. Desde esta impresionante fortaleza medieval, que hoxe é patrimonio público, propiedade da Deputación de Pontevedra, Diego Piay viaxa máis alá dos seus límites e das súas ameas, máis alá de Pontevedra, Galicia… ou Europa.
Esta historia xestouse tras as robustas murallas do castelo e agora, moitos anos despois, regresa ao lugar onde todo comezou.
Outra historia do galeguismo, distinta á oficial.
Formato: 633 pp. 20 x 19 cms
ISBN: 978-84-89323-53-7
Este volume recupera a figura esquecida de Leandro Carré Alvarellos (A Coruña, 1888-1976) e o inxente labor cultural do galeguismo coruñés, dende o século XIX ata o período democrático.
A obra estuda a súa produción atendendo aos diferentes xéneros literarios, integrando de xeito cronolóxico a obra editada e a inédita. Ao tempo, considérase o contexto sociolóxico de cando foi creada e a recepción de crítica e público.
O autor fixo un seguimento da crítica na prensa ou noutras fontes que puidesen achegar datos, co fin de encadrar o estudo das obras nun marco de análise sociolóxica, interdisciplinar e coa teoría literaria máis acaída.
UNHA REVISIÓN DA CULTURA GALEGA DENDE O SÉCULO XIX
Do mesmo xeito, tratouse a extensa obra ensaística deste polígrafo con vocación de activista cultural. Detívose na investigación da literatura popular, da etnografía, do folclore, as tradicións, as lendas ou a mitoloxía galega. Amais da reivindicación cultural ou lingüística, outra actividade importante foi o labor institucional. Alén disto está o servizo de Carré Alvarellos á filoloxía galega, un eido ao que dedicou esforzos e contributos desde a primeira década do século XX até o derradeiro artigo que escribiu.
En Leandro Carré. Un século de cultura e compromiso, Xosé Manuel Maceira Fernández revisa a historia literaria e cultural desde o século XIX, á luz dos contributos do grupo coruñés, un colectivo que construíu un relato galeguista enfrontado coa proposta oficial.
Los últimos días en prisión en 1936 y 1937 del republicano gallego José Mejuto
Formato: 13 x23 cms. Pp.: 224
ISBN: 978-84-89323-91-9
****80 ANIVERSARIO GUERRA (IN)CIVIL 1936-2016****
Un testemuño único, conmovedor, da guerra civil española. Trinta e catro cartas escritas, entre outubro de 1936 e xuño de 1937, nos cárceres de Vigo, San Simón e Pontevedra polo preso republicano galego José Mejuto Bernárdez (1905-1937). Custodiadas na Arxentina pola súa muller e a súa neta, e depositados os orixinais dende 2015 na Real Academia Galega, ven agora a luz por vez primeira nunha edición ao coidado de Olivia Rodríguez que conta coa participación de Eduardo Galeano, Xesús Alonso Montero e da propia neta de José Mejuto, Ana Paula Mejuto.
«La sencilla historia de este obrero gallego, culpable de nada, es la historia de España, condenada a cuarenta años de miedo y casi cuarenta años de amnesia».
EDUARDO GALEANO
«Estas cartas, como un tesoro inestimable, recogen el ser de mi abuelo, sus últimas sonrisas, sus últimas palabras que lo rescatan del dominio de la muerte injusta. Hablan por todos los seres humanos que sufrieron el mismo destino. Sobre cada uno de los fusilados reposa un universo».
ANA PAULA MEJUTO
«Las cartas de José Mejuto Bernárdez son una página antológica de la epistolografía de los condenados a muerte de la guerra civil española. Una obra, por otra parte, que debería ser libro de texto, en los institutos, en las clases de Historia, de Ética y de Literatura».
XESÚS ALONSO MONTERO
Cen anos de esquecemento
Formato: 156 pp. 13×23 cms
ISBN: 978-84-89323-87-2
Discípulo de Murguía e Valle-Inclán, amigo de Castelao, implicado no Rexionalismo e no movemento agrarista, escritor, pintor, ilustrador e promotor cultural, o humanista pontevedrés Prudencio Canitrot faleceu moi novo en Madrid nun mes de xaneiro de 1913. Dende aquela, a súa vida e obra ficaron no máis absoluto esquecemento. Malia ter sido tamén promotor de eventos como a primeira Exposición de Arte Regional Gallego (Madrid, 1912), fundador da Biblioteca de Escritores Gallegos (1910) ou corrector da obra completa de Rosalía de Castro, unha lousa inexplicable caeu sobre a súa figura dende o intre mesmo do seu pasamento: aquel día ao seu enterro só acudiron catro persoas (un irmán e tres amigos, entre eles, o escritor Antonio Rey Soto).
Cen anos despois da súa desaparición, o crítico literario, investigador e xornalista Carlos Gegúndez López tenta reparar esta inxustiza. O presente volume é breve e intenso como o foi a vida de Canitrot: unha reveladora primeira parte rescata a súa figura en datos, fotografías e unha mostra da obra pictórica do protagonista; na segunda, Gegúndez escolle dez dos mellores relatos breves de Canitrot, o que nos brinda unha magnífica oportunidade de acceder por vez primeira, dende o seu pasamento, á obra literaria deste gran esquecido.
VIDA E OBRA DE LUZ POZO GARZA
Formato: 571 pp. 13 x 23 cms
ISBN: 978-84-89323-89-6
Aurora López e Andrés Pociña dedicaron máis de dez anos ao estudo da vida e obra de Luz Pozo Garza, quizais a meirande figura das Letras Galegas dos nosos días. O presente volume é a culminación dese inxente traballo: unha obra rica en datos, noticias, textos –moitos, absolutamente inéditos ou descoñecidos– e opinións escritas pola propia Luz onde se sincera, a petición dos autores, sobre a súa obra literaria. O libro complétase cunha antoloxía da obra poética de Luz e tamén inclúe unha selección de fotografías e ilustracións como resumo gráfico de case un século de vida… á procura da Poesía.
Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro
Formato: 134 pp. 13×23 cms
ISBN: 978-84-89323-88-9
PREMIO DA EDICIÓN DE GALICIA ao Mellor Libro de Non Ficción do ano 2013
Ao cumprírense 150 anos da publicación de Cantares gallegos (Vigo, 1863), a profesora María Pilar García Negro leva a cabo unha posta ao día orixinal, realista e actualizada da obra que cualifica como o primeiro monumento da literatura galega contemporánea. “O noso intento foi explicar a Rosalía e explicar os Cantares… desmusealizándoos”, afirma García Negro. “O feminismo ilustrado e sempre socializado; o amor e a defensa afervoada da Galiza; o compromiso radical coas súas clases populares. A fórmula maxistral da escritora aliméntase destes mandatos”.

