• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autor

Víctor M. Santidrián Arias

Víctor Manuel Santidrián Arias. Foi profesor de Ensino Secundario e profesor asociado do Departamento de Didáctica das Ciencias Sociais da Universidade de Santiago de Compostela. Doutor en Historia Contemporánea pola USC. Membro do Padroado da Fundación 10 de Marzo do Sindicato Nacional de CC. OO. de Galicia. Membro do Comité de Redacción da revista Nuestra Historia. Revista de Historia de la FIM e do Comité de Redacción de Historia, Trabajo y Sociedad. Autor de varios traballos de carácter didáctico. As súas investigacións xiran ao redor da historia do comunismo e o proceso de recuperación da memoria histórica. En colaboración con José Antonio Urís Guisantes publicou en 2022 A porta do inferno. O campo de concentración de Camposancos na Guarda (Pontevedra).

Libros do Autor

Os cadernos escolares da II República

22,90 

Miguel Paz Cabo
Víctor M. Santidrián Arias

Limiar de Antón Costa Rico

Pp.: 180.
Formato: 26 x 19,5 cms.
ISBN 978-84-18567-30-8

Dous historiadores, especialistas en memoria democrática, Miguel Paz Cabo e Víctor Manuel Santidrián Arias, levan a cabo un detido estudo duns cadernos escolares do anos 30 descubertos o ano pasado no municipio de Teo. Esta edición inclúe a reprodución facsimilar de máis de cen páxinas orixinais e un limiar de Antón Costa Rico.

Os cadernos escolares da II República é un documento único sobre a pedagoxía galega nos anos da Segunda República.

A descuberta dos cadernos escolares do mestre de Teo (A Coruña) Bernardo Mato Castro (asasinado polos fascistas en 1936), elaborados polo seu alumno Antonio Rial Gallego, permítenos coñecer o traballo desenvolvido nas aulas naqueles días tan cheos de esperanza e innovación no eido educativo, e que tan pouco durarían…

Dous historiadores, especialistas en memoria democrática, Miguel Paz Cabo e Víctor M. Santidrián Arias, levan a cabo un detido estudo destes cadernos, dos que aquí se reproducen, en edición facsimilar, máis de cen páxinas.

Ofrécennos unha análise do ensino na II República, do labor de Bernardo Mato como mestre e como militante, e do seu dramático final, con reveladores documentos como o propio «Expediente de Depuración» do docente.