CADERNOS LITERARIOS
12,00 €Formato: 8 x 15 cm. | 48 pp. c/u
Capa plastificada de 300 gramos
Encadernados en cola Pur
“PACK” CON 5 MODELOS
Cinco novos modelos de peto deseñados polo editor Quique Alvarellos. Unha homenaxe á arte, ás letras e a natureza de Galicia coa inspiración de fondo de pintores como Urbano Lugrís ou Blas Lourés, unhas letras capitulares de Castelao, a escrita de Manuel Antonio ou as follas dos xinkgos de Fonseca, en Santiago de Compostela.
Todos os deseños parten de material procedente do Arquivo Gráfico de Alvarellos Editora.
«Miden o mesmo ca un smartphone, co que forman un tándem perfecto. Tecnoloxía e beleza xuntas».
«Eu levo moitos anos usándoos. Pero deseñábaos só para min. Agora quero compartilos. Son cadernos da memoria. Lugares mínimos onde pousar unha idea, unha frase, un poema, un recado, un aviso… E ilos logo numerando quizais e gardando, coma se fosen os capítulos da nosa vida escrita. Así os vexo eu», afirma Quique Alvarellos.
Cada caderno ten 48 páxinas e mide 8 cm. de ancho por 15 de alto, perfectos para levar en calquera peto ou bolso.
Pódense adquirir por separado (ver cada un dos modelos) ou ben neste “PACK” DE 5.