• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

13,90 

Leer para sentir mejor [Edición ampliada]

José Miguel Valle

 

Pp: 110. Formato: 12 x 19 cms.
ISBN 978-84-18567-55-1
Impreso en papel amigo dos bosques

 

A lectura como pracer. A lectura como construtora de mundos. Ler como práctica imaxinativa. Ler tamén como práctica disidente. Ler para reconectar, non para desconectar. Ler para dubidar. Ler para recoñecérmonos e recoñecer aos demais. A lectura igualmente como práctica defensiva contra todo dogmatismo. Ler, en fin, pola tolerancia, pola comprensión da diversidade. Ler para sentir a vida. Ler para sentir mellor. Estas son algunhas das reflexións que aborda o filósofo vasco José Miguel Valle neste breve, revelador e orixinalísimo ensaio.

A presente edición é unha versión ampliada da obra que, en 2022, publicou esta mesma editorial, naquela ocasión en versión tetralingüe (galego, castelán, éuscaro e catalán).

 

 

 

Compartir

Autoría

Filósofo e docente nacido en Bilbao en 1968. Investigador independente sobre as interaccións humanas. É autor dos ensaios Filosofía de la negociación (2014), La capital del mundo es nosotros (2016), La razón también tiene sentimientos (2017), El triunfo de la inteligencia sobre la fuerza (2018), Acerca de nosotros mismos (2020), Leer para sentir mejor (Alvarellos Editora, 2022) e La bondad es el punto más elevado de la inteligencia (Alvarellos Editora 2024). Á parte destas temáticas, publicou o relato de non ficción Rock & Ríos. Lo hicieron porque no sabían que era imposible (2015) e Miguel Ríos y el rock de una noche de verano (2023). Escribe todas as semanas no Espacio Suma NO Cero. En 2017, un artigo sobre a bondade depositado alí convertiuse nun fenómeno viral e superou o millón de visitas nunha semana
Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).