• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

5,90 

Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas

Xesús Alonso Montero

 

Páxinas: 272
Medidas: 13×23 cm
Idioma: castelán con introdución en galego
Data publicación: decembro 2008
ISBN: 978-84-89323-25-4
Encadernación: capa dura

 

Unha edición facsimilar que inclúe un novo e amplo estudo introdutorio por parte do autor. Na obra, trinta e seis intelectuais extragalegos responden ao profesor sobre a crise das linguas e as culturas minoritarias. Participan Alfonso Sastre, Ricard Salvat, Dámaso Alonso, Gonzalo Anaya, Pedro Altares, Carlos Barral, Antonio Tovar ou Salvador Espriu. Unha das obras fundacionais da sociolingüística no noso país, esta Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas foi publicada por vez primeira en 1974 e hai ben anos que desapareceu das librarías. Era preciso recuperala.

 

A edición que presentamos é facsimilar e inclúe un novo e amplo estudo a cargo do seu autor, Xesús Alonso Montero. Trinta e seis intelectuais extragalegos (entre os que se atopan Alfonso Sastre, Ricard Salvat, Dámaso Alonso, Gonzalo Anaya, Pedro Altares, Carlos Barral, Antonio Tovar ou Salvador Espriu) responden ao profesor Alonso Montero, que os “provoca a emitir unha opinión” sobre a crise das linguas e as culturas minoritarias nun mundo no que a globalización exergaba xa os seus primeiros e demoledores trazos. Sorprenderá hoxe a vixencia de moitos dos argumentos aquí recollidos. O autor abre o debate por todos os seus recantos: democracia e linguas nacionais, lingua e escola, lingua e medios de comunicación, uniformidade lingüística e unidade política, lingua como fenómeno de clase… No limiar a esta nova edición, afirma: “Á altura da miña vida non é desaxeitado reeditar páxinas escritas ou suscitadas en momentos politicamente tan difíciles. Os lletraferits de hoxe, os letraferidos novos, disporán, cando menos, dun documento histórico”.

1187bb0b39fa
Compartir

Autoría

Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928) é catedrático emérito de Literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela, membro da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega, e un dos intelectuais de referencia no país. Licenciado en Filosofía e Letras na Universidade de Madrid con Premio Extraordinario, doutorouse en 1966 na Universidade de Salamanca cunha tese sobre Curros Enríquez. Militante do Partido Comunista desde 1962, foi represaliado en varias ocasións por mor das súas actividades políticas chegando incluso a ter que ser trasladado no curso 1975-76 ao instituto de Montilla (Salamanca). Foi tamén Catedrático de Lingua e Literatura españolas, exercendo en Palencia, Lugo e Madrid. No campo da sociolingüística pode reclamar para si o papel de iniciador dos estudos sociolingüísticos modernos sobre o galego con obras como O porvir da lingua galega (1968), O que cómpre saber da lingua galega (1969), o polémico Informe -dramático- sobre la lengua gallega (1973) e a Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas (1974).

Fotografía do autor: Chema Ríos.