ENCUESTA MUNDIAL SOBRE LA LENGUA Y LA CULTURA GALLEGAS
5,90 €Páxinas: 272
Medidas: 13×23 cm
Idioma: castelán con introdución en galego
Data publicación: decembro 2008
ISBN: 978-84-89323-25-4
Encadernación: capa dura
Trátase dunha edición facsimilar que inclúe un novo e amplo estudo introdutorio por parte do autor. Na obra, trinta e seis intelectuais extragalegos responden ao profesor sobre a crise das linguas e as culturas minoritarias. Participan Alfonso Sastre, Ricard Salvat, Dámaso Alonso, Gonzalo Anaya, Pedro Altares, Carlos Barral, Antonio Tovar ou Salvador Espriu. Unha das obras fundacionais da sociolingüística no noso país, esta Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas foi publicada por vez primeira en 1974 e hai ben anos que desapareceu das librarías. Era preciso recuperala.
A edición que presentamos é facsimilar e inclúe un novo e amplo estudo a cargo do seu autor, Xesús Alonso Montero. Trinta e seis intelectuais extragalegos (entre os que se atopan Alfonso Sastre, Ricard Salvat, Dámaso Alonso, Gonzalo Anaya, Pedro Altares, Carlos Barral, Antonio Tovar ou Salvador Espriu) responden ao profesor Alonso Montero, que os “provoca a emitir unha opinión” sobre a crise das linguas e as culturas minoritarias nun mundo no que a globalización exergaba xa os seus primeiros e demoledores trazos. Sorprenderá hoxe a vixencia de moitos dos argumentos aquí recollidos. O autor abre o debate por todos os seus recantos: democracia e linguas nacionais, lingua e escola, lingua e medios de comunicación, uniformidade lingüística e unidade política, lingua como fenómeno de clase… No limiar a esta nova edición, afirma: “Á altura da miña vida non é desaxeitado reeditar páxinas escritas ou suscitadas en momentos politicamente tan difíciles. Os lletraferits de hoxe, os letraferidos novos, disporán, cando menos, dun documento histórico”.