• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autor

Helena Villar Janeiro

Helena Villar Janeiro (Becerreá-Lugo, 1940). Profesora, pedagoga, conferenciante, poeta, narradora, articulista e tradutora, dedicou parte da súa abundante produción literaria á infancia, modalidade da que foi pioneira tanto en narrativa como en poesía. Foi incluída no catálogo White Ravens (anos 1990 e 1994) e na lista de honra do IBBY (anos 2002 e 2004). É Socia de Honra 2015 de Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) e recibiu o E de Escritora 2016 da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Libros do Autor

Contos do Sol e da Lúa

12,00 

Helena Villar Janeiro | Ilustrado por Ana Costas

Sete historias para ler a soas ou para escoitar en familia

76 pp. 14×19 cms
ISBN: 978-84-16460-17-5
Capa en rústica plastificada con lapelas

GAÑADORA DOS PREMIOS FREI MARTÍN SARMIENTO 2017

 

Sete contos para ler a soas ou para escoitar en familia. Historias solidarias que reivindican un mundo de poesía, cor, superación, diversidade e maxia.

 

IDADE DE INTERESE: +5
NIVEL DE LECTURA. +8

 

Helena Villar Janeiro explica así a súa obra:

«Estas sete narracións aséntanse todas elas nos principios da ética educativa. Destacan nelas os valores cívicos da solidariedade, da igualdade na integración das diferenzas e do coidado do medio natural, entre outros.
»Escribinos para que poidan ser atractivos á infancia no período de 8-10 anos (mesmo nos cursos finais do ensino primario) e que sexan tamén apetecibles para nenas e nenos máis pequenos.
»As historias fantásticas altérnanse con outras que tratan a realidade complexa na que viven as nenas e os nenos galegos de hoxe».

Poesía mínima | Minimal Poetry

16,00 

50 FOTOPOEMAS | PHOTOPOEMS

 

Helena Villar Janeiro

 

106 pp. | 12 x 17 cms.
ISBN 978-84-16460-32-8
[Capa dura e interior a cor]

 

Publicado en tres idiomas  —galego, castelán e inglés—, esta deliciosa edición inclúe 50 fotopoemas de Helena Villar Janeiro.

 

“Un libro de meditación e rezo para ateos e agnósticos”, así o define a súa autora, a premiada escritora galega.

 

Na contraportada, avánzase a esencia desta poesía mínima, ilustrada con 50 fotografías:

“As cousas sinxelas constrúen o universo”.