• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.
Novo

15,90 

Guía de Padrón [2ª edición actualizada]

Camino de Santiago, cultura, arte y gastronomía

Manuel Garrido

ISBN 978-84-16460-54-0
Pp.: 112. Formato 12×22 cms.
Idioma: castelán

Segunda edición, actualizada, 2025-2026.

Padrón é o epicentro das tradicións que deron orixe ao Camiño de Santiago. A guía que tes nas túas mans levarache por este rico patrimonio. Ademais, descubrirás que Padrón ofrece grandes atractivos: os edificios nobres e a arte do seu milenario centro histórico, as casas fundadoras de dous escritores únicos: Rosalía de Castro e Camilo José Cela, unha gastronomía liderada polos pementos de Herbón-Padrón e a senlleira lamprea (un peixe de 500 millóns de anos). Ademais, os seus sedutores espazos naturais, bañados polos ríos Sar e Ulla, e as súas animadas festas, que non debes perder.

Máis de cen fotografías e planos explicativos ilustran esta nova proposta.

Esta é a guía que faltaba para que todas as persoas, sexan peregrinas, viaxeiras, visitantes ou veciños, descubran e gocen de Padrón.

e5cc27b8e478
Compartir

Autoría

Manuel Garrido Rivero (Segovia, 1964). Historiador e peregrino. Afincado en Padrón desde 1992. É autor de libros e artigos relativos ao Camiño de Santiago. Escribiu a primeira guía práctica do Camiño Portugués (2004), a Guía práctica de A Ribeira Sacra (2023, 4ª edición revisada) e El Camino de Santiago: doce siglos de historia (2023, con reimpresión en 2024). Así mesmo, participou na redacción da Gran Enciclopedia del Camino de Santiago. Diccionario de Cultura Jacobea (2010). Foi directivo da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS). É socio fundador da Fraternidad Internacional del Camino de Santiago (FICS).
Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).