• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

6,00 

Cartel de Urbano Lugrís (1955): “Globo de Betanzos”

Medidas 32×45 cms
Impreso en cartolina estucada semi-mate de 350 gramos
Reprodución facsimilar

 

Cartel realizado a partir da portada que Urbano Lugrís creou en 1955 para o número 6 da popular revista Vida Gallega. Nel rende homenaxe ao Globo de Betanzos, enorme aerostato de papel non tripulado que se lanza nesta antiga capital do Reino de Galicia cada ano en agosto na festividade de San Roque. Unha tradición que, ao parecer, naceu en 1814.

 

Para mercar o pack cos cinco carteis, aquí.

 

Alvarellos Editora conmemora en 2023 o “Ano L”, o ano do 50 cabodano dun dos creadores (artista e escritor) máis inspirados, orixinais e sedutores da historia de Galicia. Desde 2008 esta editorial publicou a obra literaria completa e dispersa de Urbano Lugrís, en dous volumes ao coidado da profesora da Universidade da Coruña, Olivia Rodríguez González: Balada de los mares del norte e El tesoro de Punta Herminia y otros textos sumergidos.

Compartir

Autoría

Urbano Lugrís González (A Coruña, 1908 - Vigo, 1973) foi un dos pintores máis sobranceiros de Galicia e un dos surrealistas españois máis orixinais e inspirados. Fillo de Manuel Lugrís Freire (e pai do pintor Urbano Lugrís Vadillo), a súa obra pictórica está consagrada ao mar e con esta temática deixou lenzos insuperables. Paralelamente á súa creación plástica, cultivouse como escritor, faceta iniciada xa nos anos corenta e prolongada ata o final dos seus días. Non obstante, nunca viu en vida publicado un só libro. Os seus textos quedaron espallados por publicacións periódicas, ou ben inéditos.