• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

6,00 

Cartel de Urbano Lugrís (1958): “Collage”

Medidas 32×45 cms
Impreso en cartolina estucada semi-mate de 350 gramos
Reprodución facsimilar

 

Cartel realizado a partir da portada que Urbano Lugrís creou en 1958 para o número 36 da popular revista Vida Gallega. Titulado “Collage”, é a portada, das cinco que o pintor realizou para esta publicación, onde apreciamos máis elementos recoñecibles do Surrealismo. Un mundo onírico onde o tempo semella collido por alfinetes.

 

Para mercar o pack cos cinco carteis, aquí.

 

Alvarellos Editora conmemora en 2023 o “Ano L”, o ano do 50 cabodano dun dos creadores (artista e escritor) máis inspirados, orixinais e sedutores da historia de Galicia. Desde 2008 esta editorial publicou a obra literaria completa e dispersa de Urbano Lugrís, en dous volumes ao coidado da profesora da Universidade da Coruña, Olivia Rodríguez González: Balada de los mares del norte e El tesoro de Punta Herminia y otros textos sumergidos.

Compartir

Autoría

Urbano Lugrís González (A Coruña, 1908 - Vigo, 1973) foi un dos pintores máis sobranceiros de Galicia e un dos surrealistas españois máis orixinais e inspirados. Fillo de Manuel Lugrís Freire (e pai do pintor Urbano Lugrís Vadillo), a súa obra pictórica está consagrada ao mar e con esta temática deixou lenzos insuperables. Paralelamente á súa creación plástica, cultivouse como escritor, faceta iniciada xa nos anos corenta e prolongada ata o final dos seus días. Non obstante, nunca viu en vida publicado un só libro. Os seus textos quedaron espallados por publicacións periódicas, ou ben inéditos.