Cartel de Urbano Lugrís (1959): “Alegoría das catro provincias galegas”
4,50 €Medidas 32×45 cms
Impreso en cartolina estucada semi-mate de 350 gramos
Reprodución facsimilar
Cartel realizado a partir da portada que Urbano Lugrís creou en 1959 para o número 59 da popular revista Vida Gallega. Nel rende homenaxe ás catro provincias galegas presentadas como os catro paus dunha baralla.
Denomínase “Alegoría das catro provincias galegas”. A Coruña aparece representada co seu Faro ou Torre; Lugo, a través da Mosqueira, esas fiestras únicas da Muralla Romana; Ourense, cunha folla de parra sobre cunca de viño tinto, e Pontevedra cunha embarcación que suca as ondas dun mar “azul lugrís”.
Para mercar o pack cos cinco carteis, aquí.
Alvarellos Editora conmemora en 2023 o “Ano L”, o ano do 50 cabodano dun dos creadores (artista e escritor) máis inspirados, orixinais e sedutores da historia de Galicia. Desde 2008 esta editorial publicou a obra literaria completa e dispersa de Urbano Lugrís, en dous volumes ao coidado da profesora da Universidade da Coruña, Olivia Rodríguez González: Balada de los mares del norte e El tesoro de Punta Herminia y otros textos sumergidos.