• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

14,50 

CÓDICE CALIXTINO | LIBRO V

GUÍA DEL PEREGRINO MEDIEVAL (SIGLO XII)

176 pp. | 12 x 22 cm.
ISBN 978-84-16460-03-8

 

O CÓDICE CALIXTINO ENTRA NO REXISTRO DA MEMORIA DO MUNDO DA UNESCO

 

Códice Calixtino foi recoñecido pola UNESCO en outubro de 2017 como Rexistro da Memoria do Mundo, polo que pasa a integrar un selecto grupo de documentos do patrimonio cultural mundial. 

 

Este volume recupera para o gran público o texto máis atractivo e popular do Códice Calixtino. Escrito a mediados do século XII, está considerado como a primeira guía de viaxes de Europa.

 

O autor, posiblemente un monxe peregrino, detense nos lugares, monumentos e xentes que atopa ao seu paso polo Camiño. Describe a cidade de Santiago de Compostela, e especialmente a súa catedral, dunha maneira única, detallada e suxestiva, que nos fará viaxar aos primeiros tempos das peregrinacións.

 

Esta nova edición en castelán, en formato de peto, foi preparada pola profesora María José García Blanco, quen partiu da tradución que, en 1951, levou a cabo, desde o latín orixinal ao castelán, Abelardo Moralejo, coa axuda de Casimiro Torres e Julio Feo.

 

Inclúe preto de 300 notas aclaratorias e prácticos índices de persoas e lugares.

 

Un tesouro, en fin, imprescindible para todos os amantes do Camiño, da cidade de Santiago e da cultura europea.

84e80887a85f
Compartir

Autoría