• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

20,00 

LA PEREGRINACIÓN A SANTIAGO DE DIEGO DE GUZMÁN

DIARIO INÉDITO DE 1610

 

Formato: 291 pp. 13×23 cms
ISBN 978-84-89323-92-6

 

Despois de catrocentos anos inédito, ve a luz na nosa Colección Oeste o diario manuscrito do peregrino Diego de Guzmán, que visitou Santiago de Compostela no outono de 1610. Un documento único descuberto na Real Academia de la Historia polo investigador da Universidade de Santiago Julio Vázquez Castro. Este profesor realiza para esta edición un estudo rigoroso, revelador e ilustrado dun relato de viaxes de enorme interese para todo o mundo xacobeo e para a historia dunha cidade que, custodiando un sepulcro santo, transformaría Europa.

Compartir

Autoría

Julio Vázquez Castro (Palas de Rei, 1966) é Profesor Titular de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela. Centrou as súas investigacións en tres liñas fundamentais: por unha banda, o estudo da arte desenvolvido polas Ordes Militares, especialmente a de Santiago, durante a Idade Media, tanto a súa arquitectura militar (1996) como a arte relixiosa (1999 e 2009). Outro dos seus campos de estudo é a arquitectura gótica e as súas fontes documentais e gráficas, como as obras na catedral de Ourense (1994-1995), as fontes escritas para a Historia da Arquitectura e do Urbanismo medieval en Galicia (2000), os mestres de obras e a construción (2001) ou as primeiras representacións urbanas galegas (2014). Ultimamente, centrouse na cidade de Santiago de Compostela e a súa catedral durante a época do gótico, estudando a Berenguela e a Torre do Reloxo (1998), as desaparecidas torres do Anxo e do Galo (2007) e o ciborio gótico (2009) ou o botafumeiro (2009 e 2012).

Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).