5,90 

Alvarellos: 30 anos de edición en Galicia

Trinta autores arredor do libro e da edición en Galicia. Unha homenaxe ao fundador de Alvarellos Editora, Enrique Alvarellos Iglesias.

Páxinas: 148
Medidas: 20x 19
Idioma: galego
Primeira edición: maio 2007
ISBN: 978–84–89323–14–8
Ilustracións: galería gráfica con fotos, documentos e recortes de prensa dende 1977 a 2007.
Limiar: “Notas para unha historia do libro en Galicia”, por Henrique Alvarellos Casas.

 

Volume conmemorativo dos trinta anos de existencia dunha das editoriais máis veteranas do país: Alvarellos Editora. Empresa familiar e independente creada en Lugo por Enrique Alvarellos Iglesias (1931-2004) en maio de 1977. Trinta e tres autores –escritores, xornalistas, editores, libreiros, profesores, promotores culturais, etc.– reflexionan nesta obra sobre o libro galego e o mundo da edición en Galicia dende a Transición ata hoxe, e homenaxean, a un tempo, a figura irrepetible do fundador de Alvarellos Editora.

 

O libro conta, así mesmo, co estudo introdutorio “Notas para unha historia do libro en Galicia, 1966-2007”, onde o actual editor da empresa, Henrique Alvarellos Casas, leva a cabo un percorrido cronolóxico sobre os feitos máis sobranceiros deste proxecto editorial. Finalmente, unha galería gráfica mostra, en fotografías, recortes de prensa e documentación varia, a xestación desta empresa e os seus trinta primeiros anos de vida.

 

OS AUTORES

Participan nesta publicación (por orde alfabética):

Adolfo de Abel Vilela, historiador.

Xavier Alcalá, escritor.

Xesús Alonso Montero, catedrático emérito de Literatura Galega, ensaísta e polígrafo.

José Alonso Sánchez, xornalista de El Progreso.

Henrique Alvarellos Casas, editor e xornalista.

Luís Álvarez Pousa, xornalista e profesor de Xornalismo na USC.

Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega da Lingua.

Manuel Bragado, editor de Edicións Xerais de Galicia.

Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

Tucho Calvo, director de Biblos Clube de Lectores e redactor xefe de La Voz de Galicia.

Toño Castro, maxistrado.

Xaime Corral, presidente da Federación de Libreiros de Galicia.

Jesús Couceiro, libreiro.

Isaac Díaz Pardo, editor, artista e refundador de Sargadelos.

Afonso Eiré, director do semanario A Nosa Terra.

Miguel Anxo Fernán Vello, director de Edicións Espiral Maior e poeta.

Francisco Fernández del Riego, co-fundador da Editorial Galaxia.

Xesús Fraga, escritor e xornalista de La Voz de Galicia.

Xosé María G. Palmeiro, xornalista.

Alfonso G. Sanmartín, presidente da Asociación Galega de Editores.

Bieito Ledo, editor de Ir Indo.

Antón Mascato, director adxunto de Nova Galicia Edicións.

José López Orozco, alcalde de Lugo.

Xesús Mato, crego rural.

Luís Pérez, xornalista e redactor xefe de El Correo Gallego.

Xosé Antón Perozo, escritor e xornalista.

Olivia Rodríguez, profesora de Teoría da Literatura da Universidade da Coruña.

Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela.

Xavier Senín, xornalista e subdirector xeral de Cultura da Xunta de Galicia entre 1987 e 2006.

Anxo Tarrío, catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da USC.

Marcos Valcárcel, catedrático de Lingua e Literatura Galegas e historiador.

Armando Vázquez Crespo, escritor e xornalista.

Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega.

 

» Intervención do editor Henrique Alvarellos Casas no acto do 30 aniversario da editorial (Lugo, 13 de novembro de 2007)

49491d1e1e24
Compartir

Autoría

Licenciado en Filoloxía Hispánica pola USC e Máster en Medios de Comunicación pola UDC/La Voz de Galicia. Dirixe desde 2004 Alvarellos Editora, a empresa cultural que fundara seu pai en Lugo en 1977 e que hoxe é a vicedecana das editoras galegas. Desde decembro de 2020 preside a Asociación Galega de Editoras (AGE), o colectivo que integra 42 selos editoriais, o 90% da produción do sector en Galicia. Antes de ser editor, Henrique Alvarellos exerceu durante 15 anos como xornalista e comunicador. Ademais, é autor de varios libros, entre os que destacan Teoría de Lugo, Galicia en cen prodixios, Diario dun pai acabado de nacer, o conto infantil A nena que abrazaba as árbores ou a crónica Federico García Lorca en Santiago de Compostela. Foi impulsor de iniciativas como a apertura ao público do Bosque do Banquete de Conxo de 1856 ou o 25 de outubro como Día de García Lorca en Galicia. Gústalle definir a súa editorial como “factoría de contidos culturais”.