• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

35,00 

Antonio López Ferreiro [1837-1910]

Cóengo, historiador e novelista compostelano.

(Versión en rústica)

Gran biografía

 

Formato: 1136 pp. 16×24 cm.
ISBN (rústica): 978-84-89323-83-4

 

Un volume de máis de 1.100 páxinas. Revélanse numerosos datos, documentos e ilustracións inéditos.

 

A esperada biografía dun personaxe fundamental na Galicia do século XIX: Antonio López Ferreiro. O profesor Carlos Santos Fernández (A Coruña, 1961) culmina con esta obra un prolixo traballo de investigación no que se revelan numerosos datos inéditos e se aportan valiosos documentos procedentes dos arquivos persoais do historiador. Preto dun cento de ilustracións enriquecen este libro de máis de 1.100 páxinas, moitas delas tamén descoñecidas ata hoxe.

Esgotado

6f2217ea27d3
Compartir

Autoría

Carlos Santos Fernández (A Coruña, 1961) é licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor de Literatura castelá no IES Antón Losada Diéguez da Estrada (Pontevedra). Adicado ás investigacións sobre relacións de sucesos (é membro de SIERS) e sobre o mundo do libro en Galicia durante o século XVII, publicou os seus traballos en Studia Zamorensia, Cuadernos de Estudios Gallegos, Astórica, Compostellanum, Pliegos de Bibliofilia, Archivos Leoneses ou Auriensia, entre outras. Ademais, é autor de dúas monografías: Impresos en torno al Patronato de Santiago. Siglo XVII, en colaboración con Fermín de los Reyes Gómez, e De Santa Baia a Vilanova. Antonio López Ferreiro no Concello de Vedra. Actualmente (2013) prepara un catálogo de relacións impresas de autos de fe e un novo libro: Viajes por Galicia, León, Zamora y norte de Portugal en 1909. El patrimonio histórico, artístico y arqueológico según los comisionados de la Sección Arqueológica de la Exposición Regional Gallega.