• 0 Items - 0,00 €
    • Non hai produtos no carriño.

Autoría

Adrián Rodríguez

Adrián Rodríguez  (1978) é un xornalista pontevedrés con longa traxectoria profesional e un dos analistas políticos de referencia de Galicia. Traballou durante máis de quince anos en Diario de Pontevedra. É habitual nas tertulias radiofónicas da Cadena Ser e da Cadena Cope e participa no programa Área Pública da Televisión de Galicia. Ademais, colaborou como coautor no Proxecto Galicia.

Libros do Autor

SOLO RIVAS FONTÁN

24,00 €
Memorias de un político lejos del rebaño

Formato 15,5 x 23,5 cm. | 356 pp.
ISBN 978-84-16460-07-6

 

Un dos políticos imprescindibles para entender a historia recente de Pontevedra e tamén a Transición política en Galicia e España leva a cabo un exercicio de sinceridade abrumadora. “Un thriller que se lee de un trago”, afirma Manuel Jabois, autor do prólogo.

 

Quen é José Rivas Fontán? O primeiro alcalde democrático de Pontevedra? O líder sindical do movemento de mestres que acabou como deputado constituínte nas filas da UCD de Adolfo Suárez? O primeiro secretario xeral da Xunta de Galicia? O home que se enfrontou a Luciano Varela e sufriu un via crucis xudicial? O político que coñeceu a fondo a Mariano Rajoy, a Manuel Fraga, a Xosé Cuíña ou ao propio Suárez? A vella gloria que se foi do PP dando un portazo? Ou é tamén Pepiño da Gándara, aquel neno de Verducido? Ou o pai que asistía impotente ao seu desfile xudicial no “telediario” das tres? O alcalde que plantou batalla ou o ser humano que notaba unha erosión interior abraiante e imparable?

 

Todas esas persoas conforman este José Rivas Fontán poliédrico, un protagonista imprescindible para entender non só a historia de Pontevedra, que corre paralela á súa, senón a dun país e a súa democracia; un retrato debuxado nunhas memorias que, sabiamente armadas polo xornalista Adrián Rodríguez, constitúen un exercicio de sinceridade abrumadora.

Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).