NP_GAL_Un_paseo_ilustrado_por_SdC_Alvarellos_Ed_2025
NP_ESP_Un_paseo_ilustrado_por_SdC_Alvarellos_Ed_2025




19,90 €
112 pp . 20,3 x 16 cms.
ISBN 978-84-18567-74-2
PAPEL FSC Amigo dos Bosques
Cartonado
NP_GAL_Un_paseo_ilustrado_por_SdC_Alvarellos_Ed_2025
NP_ESP_Un_paseo_ilustrado_por_SdC_Alvarellos_Ed_2025
Nunha coidada edición en capa dura e en tres idiomas –galego, castelán e inglés– e a través de 50 acuarelas, José Baqueiro ilustra un percorrido inesquecible por unha das cidades europeas máis admiradas e visitadas, Santiago de Compostela.
O volume leva por título Un paseo ilustrado por Santiago de Compostela/ An illustrated stroll through Santiago de Compostela e está coeditado por Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago.
O autor convida a desfrutar con pausa dos encantos, a beleza e a historia do casco medieval desta capital de Galicia na que naceu e que tanto ama.
A través duns debuxos delicados, inspirados e detallistas, proponnos un sedutor paseo que se enriquece cos textos da historiadora Elena Iglesias Durán.
A tradución ao inglés correu a cargo de María Recouso Barbeito.
Guía botánica de los muros históricos de Compostela
Formato: 138 pp. 12×22 cms.
ISBN: 978-84-89323-80-3
De Santiago de Compostela lévanse escrito centos de libros e milleiros de páxinas. Pero ningunha obra se dedicara, ata agora, a descubrir esas plantas que —emerxendo da pedra como da nada— florecen espontáneas nos muros históricos da cidade.
Esta guía móstranos como identificar e localizar as 50 plantas con flores máis representativas de once muros históricos de Compostela. Ordenada en prácticas fichas, cada unha inclúe os datos básicos da flor silvestre coa súa fotografía, as súas denominacións populares en galego e castelán e a localización na cidade. Tamén conta cun apartado de curiosidades e un breve dicionario botánico.
Unha ruta histórica ilustrada con 75 reveladoras fotografías.
116 pp. 12 x 22 cms.
ISBN 978-84-16460-55-7
A guía que é toda unha descuberta. Convídanos a percorrer unha senda histórica apenas recoñecida ata hoxe. Trátase do camiño máis dereito entre Compostela e Muxía, empregado dende hai séculos por peregrinos e camiñantes e que ten como un dos emblemas a ponte medieval de Brandomil (ata Negreira coincide co Camiño oficial de Santiago a Fisterra-Muxía).
Unha ruta de 86 quilómetros e que aquí se nos presenta con todos os seus atractivos: plano con etapas, lugares e monumentos para visitar, e ilustrada con setenta e cinco reveladoras fotografías.
Unha guía práctica que nos convida a percorrer con acougo natureza e historia, porque, como afirma o autor, “andar os vellos camiños é reclamar o futuro”.
[Ver edición en castelán, aquí]
Formato: 17×21 cms. 184 pp.
ISBN galego 978-84-16460-85-4
Todos os castelos encerran historias, pero a do Castelo de Soutomaior é moi especial. O historiador Diego Piay Augusto rescátaa no seu novo libro O castelo de Soutomaior. Un lugar cheo de historias (Alvarellos Editora-Deputación de Pontevedra) que ve a luz no verán de 2020, publicado en tres idiomas (galego, castelán e inglés).
A fortaleza de Soutomaior elévase maxestosa e en silencio, dominando o val do río Verdugo, na provincia de Pontevedra. O seu pasado agóchase tras unhas robustas murallas e remóntase ata o século XII. A fascinación que suscita este lugar atravesou todas as etapas da súa historia e chega ata os nosos días. Propietarios e visitantes ilustres deixaron aquí unha imborrable pegada e forman xa parte para sempre do Castelo de Soutomaior.
Este libro non é un ensaio histórico, nin unha guía ao uso, senón unha obra ilustrada que nos levará a descubrir un castelo que pasou de ser centro de poder na Galicia medieval a caer no esquecemento, para rexurdir novamente a finais do século XIX.
MÁIS DE CEN FOTOGRAFÍAS, ILUSTRACIÓNS E DOCUMENTOS
Unha narración enriquecida con multitude de anécdotas e informacións descoñecidas ata hoxe, e que inclúe máis dun centenar de fotografías (históricas e actuais), ilustracións e planos que somerxerán ao lector na historia dun dos monumentos máis sobresaíntes das Rías Baixas.
146 pp. Formato 12 x 22 cms
ISBN 978-84-18567-31-5
Impreso en papel FSC
Santiago de Compostela é quizais a cidade europea con maior densidade de gárgolas, esas máscaras pétreas —enigmáticas, divertidas, transgresoras— que nos contemplan desde o alto a partir da Idade Media. Hai máis de 300, e nesta pioneira guía trilingüe (galego, castelán e inglés) selecciónanse 30 das máis singulares, nunha ollada nova e moi sorprendente desta capital.
Santiago de Compostela es quizás la ciudad europea con mayor densidad de gárgolas, esas máscaras de piedra –enigmáticas, divertidas, transgresoras– que nos contemplan desde lo alto a partir de la Edad Media. Hay más de 300, y en esta guía seleccionamos 30 de las más singulares, en una nueva y muy sorprendente visión de esta capital.
Santiago de Compostela is perhaps the European city with the highest density of gargoyles, those stone figures –enigmatic, amusing, transgressive– that have peered down on us since the Middle Age. There are more than 300, and in this guide we select 30 of the most unique, offering a new and quite surprising vision of this capital.
300 pp. 23×21 cms.
ISBN 978-84-16460-51-9
Unha obra pioneira, resultado de anos de fonda investigación, que achega descubrimentos sorprendentes do nacemento da arte fotográfica na Galicia do século XIX.
O seu autor, o fotohistoriador Carlos Iglesias Castelao (de orixe asturiana e afincado en Compostela dende 1988), ofrece nestas páxinas un traballo rigoroso, documentadísimo e enormemente didáctico.
Un volume ilustrado con máis de 350 imaxes (moitas delas, totalmente inéditas) que principia situando os albores da fotografía no noso país para presentar de seguido o máis completo traballo coñecido ata hoxe sobre a fotografía dunha cidade galega nun período concreto.
Son as precursoras e precursores da nova arte da imaxe en Santiago de Compostela. Trázase a biografía de ata vinte e catro profesionais e os seus estudos fotográficos; demóstrase a interrelación nunha maioría deles, a súa ideoloxía común progresista ou o seu achegamento á masonaría.
Dedícase un apartado á presenza da muller na fotografía con novas descubertas arredor de Rosalía de Castro e os seus fotógrafos. Inclúese a historia completa do primeiro fotógrafo galego con estudo propio, Andrés Cisneros, e mesmo descubrimos feitos ben singulares como a historia do neno fotógrafo Luis Hermida, de oito anos…
Trátase, en fin, dun traballo sen precedentes na historia galega da fotografía que nos fará gozar desta arte que, na segunda metade do século XIX, cambiaría a nosa forma de ver o mundo.
PREMIO ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ 2018
As orixes da fotografía en Galicia recibiu o Premio Antón Losada Diéguez 2018 ao mellor Ensaio do Ano. O xurado salienta “a calidade e intensidade de investigación documental realizada sobre a chegada e asentamento da fotografía na sociedade compostelá”. Así mesmo, destácase a calidade e coidado da súa edición, e o interese das fotografías reproducidas que axudan a rescatar a memoria visual da época e complementan a investigación documental sobre a vida e traxectoria dos primeiros fotógrafos.
A obra foi, ademais, finalista na modalidade de Ensaio na Gala do Libro Galego 2019.
Formato: 21×17 cms. 184 pp.
ISBN 978-84-16460-49-6
O noroeste da península ibérica é unha das zonas de España con maior densidade de xacementos arqueolóxicos. Esta guía, coeditada por Alvarellos Editora e a Deputación de Pontevedra, mostra 2.000 anos de historia de Galicia –dende a Idade de Bronce ata o primeiro cristianismo– a través de vinte emblemáticos xacementos, ubicados na provincia de Pontevedra.
Galaicos, un pobo entre dous mundos ofrece unha ampla e atractiva despregadura gráfica, que inclúe 160 impactantes fotografías e ilustracións, con textos e fichas elaboradas polas arqueólogas e arqueólogos que traballaron nas escavacións: Rafael Rodríguez, Antoni Nicolau, Xurxo Ayán, Diego Piay e Mª Luisa Castro.
Eles levarannos a coñecer, de primeira man e de xeito didáctico, a enorme riqueza deste patrimonio cultural único.
A guía inclúe un percorrido polos xacementos de A Cabeciña, Penalba, Santa Trega, A Lanzada, Monte do Facho, Monte do Castro, Alobre, Castrolandín ou Adro Vello, entre moitos outros.
Apórtanse os resultados das máis recentes investigacións, que sitúan a Galicia, na prehistoria, coma ponte entre o Atlántico e o Mediterráneo, e perspectivas aéreas nunca antes vistas, obtidas por medio de drones.
Esta guía lánzase ao mercado coincidindo coa exposición homónima itinerante que se inaugura en Madrid, no Museo Arqueológico Nacional, no outono de 2018, promovida pola Deputación de Pontevedra. Abaixo podemos ver o vídeo promocional desta ambiciosa mostra:
![Un paseo ilustrado por Santiago de Compostela [Edición trilingüe]](https://alvarelloseditora.gal/wp-content/uploads/2025/04/Un-paseo-ilustrado-por-Santiago-alvarellos-ed-2025.jpg)