• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.
NovoNovo

17,00 

Poden pensar as máquinas?

Senén Barro

142 pp. 13 x 23 cms
ISBN 978-84-18567-90-2
PAPEL FSC. Amigo dos Bosques

A intelixencia artificial (IA) dedícase a percorrer o camiño que vai das máquinas carentes de entendemento ás que razoablemente podemos considerar intelixentes. Aínda que ten xa décadas de historia, cunha vida de altibaixos, se a comparamos con outros campos do saber é unha disciplina científico-tecnolóxica recente.

O físico Senén Barro é todo un experto en intelixencia artificial. Este 2026 Alvarellos Editora publica o seu ensaio Poden pensar as máquinas? onde, dun xeito divulgativo e ameno, nos introduce neste novo mundo que se abre ante nós.

O impacto que a IA está a exercer nas nosas vidas é de tal calibre que non paramos de nos asombrar e de formulármonos moitas preguntas. Isto é normal e, ademais, é bo que así sexa. Ao cabo, aínda que as máquinas nos dean cada día máis e mellores respostas, as preguntas –sobre todo as máis transcendentes– seguen a ser nosas.

Por iso este libro comeza cunha pregunta: Poden pensar as máquinas?, e discorre facéndose moitas outras: Que é a Intelixencia Artificial e como xurdiu? Son parecidos un cerebro e unha computadora? Alcanzarán as máquinas a superintelixencia?

Agardamos que atopen aquí algunhas respostas, mais sobre todo que estas páxinas lles susciten moitas máis preguntas…

 

Compartir

Autoría

"Senén Barro Ameneiro (As Pontes, 1962) é doutor en Física (premio extraordinario), catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e director científico de CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela). Foi reitor da USC (2002-2010), época na que impulsou o perfil investigador, innovador e emprendedor da universidade e onde se desenvolveu Campus Vida, recoñecido como Campus de Excelencia Internacional en 2009, creándose os primeiros Centros Singulares de Investigación da USC. Membro da Real Academia Galega de Ciencias. Premio Nacional de Informática José García Santesmases 2020. É autor de máis de 300 artigos científicos e máis de 500 de divulgación e opinión en medios de comunicación."
Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).