Cuando Compostela subió el telón
5,90 €CRÓNICA SENTIMENTAL DE LA DÉCADA DORADA DEL TEATRO SANTIAGUÉS: DITEA, 1960-1970
Páxinas: 400
Medidas: 13 x 23 cms
Idioma: castelán
ISBN: 978-84-89323-70-4
Encadernación: rústica con lapelas
Ilustracións: 24 fotografías
Data de publicación 1ª edición: xullo, 2011
A investigadora e actriz Alejandra Juno publica CUANDO COMPOSTELA SUBIÓ EL TELÓN. CRÓNICA SENTIMENTAL DE LA DÉCADA DORADA DEL TEATRO SANTIAGUÉS: DITEA, 1960-1970, un ensaio repleto de anécdotas, abundante e rigorosa documentación e moito sentido do humor. A obra alcanza as 400 páxinas, inclúe fotografías da época e un índice onomástico de máis de 500 nomes. CUANDO COMPOSTELA SUBIÓ EL TELÓN reúne todos os elementos que converten unha crónica nun texto cativador e en espello de toda unha época. Esta obra, chea de anécdotas e fino sentido do humor, recupera para a lembranza unha época magnífica da arte dramática en Galicia: a primeira década da Compañía Ditea (Difusión de Teatro), un grupo que decidiu a vocación de moitos dos que actualmente ocupan os escenarios galegos e tamén españois.
Polas 400 páxinas deste volume discorren personaxes inesquecibles do Santiago daquela. Compostela na súa esencia máis auténtica nuns anos nos que tantas cousas ían cambiar radicalmente. Alejandra Juno debuxa unha cidade que sabe rir e rir ben, consciente do grande teatro que é o mundo. A obra conta cun limiar de Xerardo Estévez e presentación de Juan Jesús Gestal. Finalmente, inclúe numerosas ilustracións da época e un índice onomástico de máis de 500 nomes.