NP_G_Palabras-para-o-noso-tempo-XAM-2024
Edición-dixital-PALABRAS-PARA-O-NOSO-TEMPO-Xesús-Alonso-Montero-agosto-2024
23,50 €
356 pp . 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-18567-59-9.
Papel FSC Amigo dos Bosques
Este volume é quizais unha das obras máis singulares da vizosa produción literaria de Xesús Alonso Montero. Palabras para o noso tempo (Alvarellos Editora, 2024) reúne unha mínima pero brillante selección dos seus discursos, mantendo na transcrición do texto o espírito fiel da súa oratoria orixinal. Un traballo que partiu de moitas horas de gravación e transcrición a cargo de Carmen Blanco Ramos, e do coidado da edición de Olivia Rodríguez González. O autor afirma ter pronunciado, ao longo da súa dilatada vida, máis de 5.000 discursos ante públicos ben diferentes.
Aquí presentamos catorce destacadas intervencións públicas. Por elas van pasando nomes inesquecibles da nosa historia e das nosas Letras como Rosalía de Castro, Isaac Díaz Pardo, Emilia Pardo Bazán, Francisco Fernández del Riego, Borobó, Ramón Piñeiro ou Xosé Neira Vilas. E tamén, como non, o exilio, o antifranquismo, a defensa das clases populares e a historia do comunismo europeo.
Como afirma a profesora Olivia Rodríguez no seu limiar, «esta obra é unha revalorización do pensamento creativo da palabra e da súa conexión co pensar, sentir e imaxinar (…). O principal obxectivo da súa oratoria é a transmisión de coñecemento para combater o silencio e o esquecemento, impostos no pasado e banalizados no presente».

Este libro é resultado do proxecto de I+D+i «Interseccións post-humanas nas literaturas irlandesa e galega» PID2022-136251NB-I00,
financiado por MICIU/AEI/10.13039/501100011033/ e «FEDER Unha maneira de facer Europa», «FEDER/UE».
Edición-dixital-PALABRAS-PARA-O-NOSO-TEMPO-Xesús-Alonso-Montero-agosto-2024
Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928) é catedrático emérito de Literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela, membro da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega, e un dos intelectuais de referencia no país. Licenciado en Filosofía e Letras na Universidade de Madrid con Premio Extraordinario, doutorouse en 1966 na Universidade de Salamanca cunha tese sobre Curros Enríquez. Militante do Partido Comunista desde 1962, foi represaliado en varias ocasións por mor das súas actividades políticas chegando incluso a ter que ser trasladado no curso 1975-76 ao instituto de Montilla (Salamanca). Foi tamén Catedrático de Lingua e Literatura españolas, exercendo en Palencia, Lugo e Madrid. No campo da sociolingüística pode reclamar para si o papel de iniciador dos estudos sociolingüísticos modernos sobre o galego con obras como O porvir da lingua galega (1968), O que cómpre saber da lingua galega (1969), o polémico Informe -dramático- sobre la lengua gallega (1973) e a Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas (1974).
Fotografía do autor: Chema Ríos."
Páxinas: 272
Medidas: 13×23 cm
Idioma: castelán con introdución en galego
Data publicación: decembro 2008
ISBN: 978-84-89323-25-4
Encadernación: capa dura
Unha edición facsimilar que inclúe un novo e amplo estudo introdutorio por parte do autor. Na obra, trinta e seis intelectuais extragalegos responden ao profesor sobre a crise das linguas e as culturas minoritarias. Participan Alfonso Sastre, Ricard Salvat, Dámaso Alonso, Gonzalo Anaya, Pedro Altares, Carlos Barral, Antonio Tovar ou Salvador Espriu. Unha das obras fundacionais da sociolingüística no noso país, esta Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas foi publicada por vez primeira en 1974 e hai ben anos que desapareceu das librarías. Era preciso recuperala.
A edición que presentamos é facsimilar e inclúe un novo e amplo estudo a cargo do seu autor, Xesús Alonso Montero. Trinta e seis intelectuais extragalegos (entre os que se atopan Alfonso Sastre, Ricard Salvat, Dámaso Alonso, Gonzalo Anaya, Pedro Altares, Carlos Barral, Antonio Tovar ou Salvador Espriu) responden ao profesor Alonso Montero, que os “provoca a emitir unha opinión” sobre a crise das linguas e as culturas minoritarias nun mundo no que a globalización exergaba xa os seus primeiros e demoledores trazos. Sorprenderá hoxe a vixencia de moitos dos argumentos aquí recollidos. O autor abre o debate por todos os seus recantos: democracia e linguas nacionais, lingua e escola, lingua e medios de comunicación, uniformidade lingüística e unidade política, lingua como fenómeno de clase… No limiar a esta nova edición, afirma: “Á altura da miña vida non é desaxeitado reeditar páxinas escritas ou suscitadas en momentos politicamente tan difíciles. Os lletraferits de hoxe, os letraferidos novos, disporán, cando menos, dun documento histórico”.
Los últimos días en prisión en 1936 y 1937 del republicano gallego José Mejuto
Formato: 13 x23 cms. Pp.: 224
ISBN: 978-84-89323-91-9
****80 ANIVERSARIO GUERRA (IN)CIVIL 1936-2016****
Un testemuño único, conmovedor, da guerra civil española. Trinta e catro cartas escritas, entre outubro de 1936 e xuño de 1937, nos cárceres de Vigo, San Simón e Pontevedra polo preso republicano galego José Mejuto Bernárdez (1905-1937). Custodiadas na Arxentina pola súa muller e a súa neta, e depositados os orixinais dende 2015 na Real Academia Galega, ven agora a luz por vez primeira nunha edición ao coidado de Olivia Rodríguez que conta coa participación de Eduardo Galeano, Xesús Alonso Montero e da propia neta de José Mejuto, Ana Paula Mejuto.
«La sencilla historia de este obrero gallego, culpable de nada, es la historia de España, condenada a cuarenta años de miedo y casi cuarenta años de amnesia».
EDUARDO GALEANO
«Estas cartas, como un tesoro inestimable, recogen el ser de mi abuelo, sus últimas sonrisas, sus últimas palabras que lo rescatan del dominio de la muerte injusta. Hablan por todos los seres humanos que sufrieron el mismo destino. Sobre cada uno de los fusilados reposa un universo».
ANA PAULA MEJUTO
«Las cartas de José Mejuto Bernárdez son una página antológica de la epistolografía de los condenados a muerte de la guerra civil española. Una obra, por otra parte, que debería ser libro de texto, en los institutos, en las clases de Historia, de Ética y de Literatura».
XESÚS ALONSO MONTERO
485 pp. 15x 23 cms.
ISBN 978-84-89323-93-3
Autoría: ROSA MARGARITA CACHEDA BARREIRO, MIRIAM ELENA CORTÉS LÓPEZ, MARIO COTELO FELÍPEZ, ENRIQUE FERNÁNDEZ CASTIÑEIRAS, LEOPOLDO FERNÁNDEZ GASALLA, CARLA FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, BEGOÑA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, M. CARMEN FOLGAR DE LA CALLE, JOSÉ MANUEL GARCÍA IGLESIAS, ANTONIO GARRIDO MORENO, VIOLETA GONZÁLEZ FORTE, CARME LÓPEZ CALDERÓN, JOSÉ MANUEL LÓPEZ VÁZQUEZ, ANA I. MESÍA LÓPEZ, IVÁN REGA CASTRO, OFELIA REY CASTELAO, MARÍA RIVO VÁZQUEZ e DIEGO RODRÍGUEZ PAZ.
Unha nova visión da arte de Galicia e a súa relación con outras manifestacións artísticas e culturais. Esta é a proposta que recolle o presente volume titulado La huella impresa. Textos e imágenes para una historia del arte gallego. Unha publicación de Alvarellos Editora e a Universidade de Santiago dirixida polo historiador Juan Manuel Monterroso Montero e coordinada por Carla Fernández Martínez.
Dezaoito historiadores da arte —integrantes do grupo de investigación Iacobus da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago— dan a coñecer nestas páxinas o resultado das súas últimas investigacións. Un esforzo colectivo, ilustrado con 130 imaxes, que abre novos camiños na interpretación da arte galega. Os especialistas estudan o patrimonio desde a arquitectura, a estampa e a pintura contemporánea e poñen en diálogo todas estas expresións artísticas coa aparición e decisiva influencia da imprenta.
Unha historia de luces e sombras na vella Compostela.
Páxinas: 138
Medidas: 13×23
Idioma: castelán
Data de publicación: maio 2009
ISBN: 978-84-89323-29-2
Encadernación: rústica plastificada con lapelas
Ilustracións: fotografías e documentos de época
A nova obra do investigador santiagués José Antonio Tojo Ramallo titúlase El alumbrado público en Santiago, un ensaio publicado conxuntamente por Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago. Nel, Tojo Ramallo, quen xa é autor doutros tres libros de historia local, repasa dun xeito ameno e documentado as orixes e desenvolvemento do sistema público de alumeamento, desde as súas orixes hai xustamente dous séculos:
Na protohistoria do alumeamento de Santiago sitúanse os coquines ou mullidores, personaxes que, ata o século XVIII, percorrían as rúas portando un facho e unha campaíña e rogando a voces o rezo dun Noso Pai polas ánimas do purgatorio e do Arcebispo Fonseca.
DOUSCENTOS ANOS DE LUCES E SOMBRAS
Logo chegaría o aceite. En 1809 instálase en Santiago o primeiro sistema de alumeamento público do que temos noticia. Pretendíase aumentar a seguridade nas rúas ante a invasión dos franceses. Os primeiros farois instaláronse ao redor de 1822, os chamados farois de reverbero, construídos por artesáns locais do latón e do ferro, e mantidos polos vedores.
“A NOITE ESTÁ VARRIDA DA TERRA”
Tras o aceite, o gas; e, finalmente, a revolución da luz eléctrica. Santiago foi a primeira cidade de España que probou ese novo invento coñecido como electricidade. Foi un 2 de abril de 1851, no claustro da Universidade. “A noite está varrida da terra”, exclamou unha das testemuñas daquel acontecemento. Pero aínda habería que esperar case medio século para ver chegar a luz eléctrica ás rúas máis céntricas.
Un breve pero rigoroso e ameno ensaio dunha época na que a cidade de Santiago foi entrando, aos poucos, niso que chamamos modernidade e progreso. Dous séculos de luces e sombras na vella Compostela.
Entrevistado por Antón Santamarina. Edición de Anahí Almasia e Mariela Sánchez
412 pp. 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-16460-44-1
En 1998, David Álvarez Carballido (A Fonsagrada-Lugo, 1922-2017) concedeu unha longa entrevista ao filólogo e paisano seu Antón Santamarina. Foi durante varios días de agosto, na aldea común de ambos de San Martín de Suarna.
Dúas décadas despois, este documento único ve por fin a luz, as Memorias dun loitador antifranquista. O testemuño do comunista David Álvarez Carballido, publicado por Alvarellos Editora na súa colección Oeste.
Foi preciso un fondo traballo de edición para organizar o valioso material custodiado por Santamarina. A psicóloga e escritora Anahí Almasia (sobriña de David) e a doutora e especialista en memoria histórica Mariela Sánchez puxéronse a traballar arreo dende a súa cidade de Bos Aires. Había que converter aquelas horas de conversa nun volume revelador. David posuía unha fina e poderosa memoria e o resultado queda á vista nestas páxinas.
É o testemuño valoroso e honesto dun incansable loitador antifranquista. Dun comunista que fuxiu dende Galicia a Bos Aires en 1948 para non regresar ao país ata 1962, e ser detido e torturado en Vigo pouco despois, cando denunciaba o fusilamento de Julián Grimau. Fiel ata o final dos seus días, aínda en 2014, con 92 anos, acudía ao consulado arxentino a interpor a súa denuncia na querela daquel país contra os crimes do franquismo.
“Poucos libros memorialísticos, de militantes antifranquistas, teñen a naturalidade, a frescura e o xeito destas memorias”.
Xesús Alonso Montero, autor do Prólogo.
“O que digo aquí é soamente para que non quede esquecido. Todo o que sabemos daquel terror que invadiu España, que se coñeza”.
David Álvarez Carballido.
Entrevistado por Antón Santamarina. Edición de Anahí Almasia e Mariela Sánchez.
O mundo poético de Luís Pimentel
ISBN: 978-84-89323-72-8
Páxinas: 171
Medidas: 13×23 cm
Idioma: galego
Encadernación: rústica con lapelas
Data 1ª edición en Alvarellos Editora: novembro, 2011
Luz Pozo percorre neste ensaio o particular universo creativo do poeta lugués Luís Pimentel (1895-1958) —un dos seus guieiros literarios—. Esta obra foi publicada por vez primeira en 1990 e agora cobra nova vida na presente edición, corrixida e ampliada pola autora. Pozo Garza parte do poemario pimenteliano Barco sin luces, publicado postumamente en 1960 —logo de moitos intentos de edición por parte do autor— para achegarnos ao universo dun home en conflito, comprometido co seu tempo pero atormentado pola soidade, a anguria ante a morte e o desacougo existencial.
O escritor e crítico literario Román Raña afirma no Limiar que «o lector ten nas súas mans un estudo cheo de poderosas iluminacións e profundidade de análise». Luz Pozo indaga na forma depurada, aparentemente sinxela de Pimentel, onde descobre tesouros de relevacións vivenciais. Mais, sobre todo, descobre a fórmula axial, ontolóxica e lingüística dunha fraxilidade da existencia, que afecta tanto ao poeta como ao seu emotivo, ferido e reservado universo.
CRÓNICA SENTIMENTAL DE LA DÉCADA DORADA DEL TEATRO SANTIAGUÉS: DITEA, 1960-1970
Páxinas: 400
Medidas: 13 x 23 cms
Idioma: castelán
ISBN: 978-84-89323-70-4
Encadernación: rústica con lapelas
Ilustracións: 24 fotografías
Data de publicación 1ª edición: xullo, 2011
A investigadora e actriz Alejandra Juno publica CUANDO COMPOSTELA SUBIÓ EL TELÓN. CRÓNICA SENTIMENTAL DE LA DÉCADA DORADA DEL TEATRO SANTIAGUÉS: DITEA, 1960-1970, un ensaio repleto de anécdotas, abundante e rigorosa documentación e moito sentido do humor. A obra alcanza as 400 páxinas, inclúe fotografías da época e un índice onomástico de máis de 500 nomes. CUANDO COMPOSTELA SUBIÓ EL TELÓN reúne todos os elementos que converten unha crónica nun texto cativador e en espello de toda unha época. Esta obra, chea de anécdotas e fino sentido do humor, recupera para a lembranza unha época magnífica da arte dramática en Galicia: a primeira década da Compañía Ditea (Difusión de Teatro), un grupo que decidiu a vocación de moitos dos que actualmente ocupan os escenarios galegos e tamén españois.
Polas 400 páxinas deste volume discorren personaxes inesquecibles do Santiago daquela. Compostela na súa esencia máis auténtica nuns anos nos que tantas cousas ían cambiar radicalmente. Alejandra Juno debuxa unha cidade que sabe rir e rir ben, consciente do grande teatro que é o mundo. A obra conta cun limiar de Xerardo Estévez e presentación de Juan Jesús Gestal. Finalmente, inclúe numerosas ilustracións da época e un índice onomástico de máis de 500 nomes.


