NP_GAL_Cadernos-Escolares-II-Republica_2022

22,90 €
Pp.: 180.
Formato: 26 x 19,5 cms.
ISBN 978-84-18567-30-8
Dous historiadores, especialistas en memoria democrática, Miguel Paz Cabo e Víctor Manuel Santidrián Arias, levan a cabo un detido estudo duns cadernos escolares do anos 30 descubertos o ano pasado no municipio de Teo. Esta edición inclúe a reprodución facsimilar de máis de cen páxinas orixinais e un limiar de Antón Costa Rico.
Os cadernos escolares da II República é un documento único sobre a pedagoxía galega nos anos da Segunda República.
A descuberta dos cadernos escolares do mestre de Teo (A Coruña) Bernardo Mato Castro (asasinado polos fascistas en 1936), elaborados polo seu alumno Antonio Rial Gallego, permítenos coñecer o traballo desenvolvido nas aulas naqueles días tan cheos de esperanza e innovación no eido educativo, e que tan pouco durarían…
Dous historiadores, especialistas en memoria democrática, Miguel Paz Cabo e Víctor M. Santidrián Arias, levan a cabo un detido estudo destes cadernos, dos que aquí se reproducen, en edición facsimilar, máis de cen páxinas.
Ofrécennos unha análise do ensino na II República, do labor de Bernardo Mato como mestre e como militante, e do seu dramático final, con reveladores documentos como o propio «Expediente de Depuración» do docente.
Pp.: 264. Formato 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-16460-73-1
Fernando Barcia Veiras é unha das figuras máis destacadas do Santiago republicano; non obstante, o seu nome permaneceu ata o día de hoxe no esquecemento, incluso dos seus propios compañeiros. Presidiu a Asociación Socialista de Santiago dende 1931 ata o seu asasinato en 1938; mestre rural e presidente da Asociación de Traballadores do Ensino, desempeñou un papel fundamental durante os meses do goberno da Fronte Popular e na aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia. A súa relevancia política e o seu carácter levárono finalmente a presidir o Comité Executivo para a Defensa da República, encargado de organizar a resistencia ao golpe de estado de xullo de 1936.
Esta obra rescata a súa figura e, coa axuda de fontes orais, arquivos familiares e militares, hemerotecas, etc., reconstrúe, a través da súa vida, a historia do Santiago republicano, as súas rúas e tendas, o seu bulicio e os seus protagonistas. Juan Jesús González, Jesús Parrado e Ramona Blanco volven visitar estes lugares atopándose con sinistros personaxes como Otilia Ulbricht ou Víctor Muñoz. Unha reconstrución histórica que nos permite reflexionar sobre o significado e o alcance da represión franquista.
Este ensaio –que equilibra perfectamente o rigor documental e a claridade da exposición– enriquécese con máis de cincuenta imaxes e documentos –que inclúen as cartas de despedida de Fernando Barcia– e 17 ilustracións do pintor Alfonso Martínez. Inclúe, por fin, e por primeira vez, unha ruta completa polo Santiago republicano.
O mundo poético de Luís Pimentel
ISBN: 978-84-89323-72-8
Páxinas: 171
Medidas: 13×23 cm
Idioma: galego
Encadernación: rústica con lapelas
Data 1ª edición en Alvarellos Editora: novembro, 2011
Luz Pozo percorre neste ensaio o particular universo creativo do poeta lugués Luís Pimentel (1895-1958) —un dos seus guieiros literarios—. Esta obra foi publicada por vez primeira en 1990 e agora cobra nova vida na presente edición, corrixida e ampliada pola autora. Pozo Garza parte do poemario pimenteliano Barco sin luces, publicado postumamente en 1960 —logo de moitos intentos de edición por parte do autor— para achegarnos ao universo dun home en conflito, comprometido co seu tempo pero atormentado pola soidade, a anguria ante a morte e o desacougo existencial.
O escritor e crítico literario Román Raña afirma no Limiar que «o lector ten nas súas mans un estudo cheo de poderosas iluminacións e profundidade de análise». Luz Pozo indaga na forma depurada, aparentemente sinxela de Pimentel, onde descobre tesouros de relevacións vivenciais. Mais, sobre todo, descobre a fórmula axial, ontolóxica e lingüística dunha fraxilidade da existencia, que afecta tanto ao poeta como ao seu emotivo, ferido e reservado universo.
CRÓNICA SENTIMENTAL DE LA DÉCADA DORADA DEL TEATRO SANTIAGUÉS: DITEA, 1960-1970
Páxinas: 400
Medidas: 13 x 23 cms
Idioma: castelán
ISBN: 978-84-89323-70-4
Encadernación: rústica con lapelas
Ilustracións: 24 fotografías
Data de publicación 1ª edición: xullo, 2011
A investigadora e actriz Alejandra Juno publica CUANDO COMPOSTELA SUBIÓ EL TELÓN. CRÓNICA SENTIMENTAL DE LA DÉCADA DORADA DEL TEATRO SANTIAGUÉS: DITEA, 1960-1970, un ensaio repleto de anécdotas, abundante e rigorosa documentación e moito sentido do humor. A obra alcanza as 400 páxinas, inclúe fotografías da época e un índice onomástico de máis de 500 nomes. CUANDO COMPOSTELA SUBIÓ EL TELÓN reúne todos os elementos que converten unha crónica nun texto cativador e en espello de toda unha época. Esta obra, chea de anécdotas e fino sentido do humor, recupera para a lembranza unha época magnífica da arte dramática en Galicia: a primeira década da Compañía Ditea (Difusión de Teatro), un grupo que decidiu a vocación de moitos dos que actualmente ocupan os escenarios galegos e tamén españois.
Polas 400 páxinas deste volume discorren personaxes inesquecibles do Santiago daquela. Compostela na súa esencia máis auténtica nuns anos nos que tantas cousas ían cambiar radicalmente. Alejandra Juno debuxa unha cidade que sabe rir e rir ben, consciente do grande teatro que é o mundo. A obra conta cun limiar de Xerardo Estévez e presentación de Juan Jesús Gestal. Finalmente, inclúe numerosas ilustracións da época e un índice onomástico de máis de 500 nomes.
13 x 23 cm. 130 pp.
ISBN 3ª edición:
978-84-16460-77-9
¿A que altura está o ceo? alcanza a súa terceira edición en galego –agora, ampliada e actualizada– ao tempo que aparece publicada tamén a primeira edición en castelán. Ambas chegan avaladas co recoñecemento do prestixioso Premio Ciencia en Acción que recibiu esta obra en 2017 na modalidade de Mellor Material Didáctico de Ciencia. Ademais, esta obra foi, en 2016, o 2º mellor ensaio galego do ano para as lectoras/es da revista Fervenzas Literarias e o 5º ensaio galego máis vendido tamén de 2016 segundo o Caderno da crítica.
A que altura está o ceo? Velaquí unha das preguntas que se leva formulando o ser humano desde os albores da súa existencia. Este libro vainos dar a resposta a esta cuestión… e a moitas outras. O físico e comunicador científico Jorge Mira realiza unha apaixonante viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o Universo.
Despois de ler estas páxinas poderemos responder a cuestións coma estas: por que vemos o ceo azul ou o Sol amarelo? Como se puido saber a que altura están a Lúa, o Sol e os planetas? Como é posible calcular o lonxe que está unha estrela ou unha galaxia? Cal é a idade do Universo? E o seu tamaño? Que quere dicir que o Universo se expande? E a que velocidade o fai? É certo que foi un cura quen primeiro falou do Big Bang?…
Benvidas e benvidos a esta aventura.
Boa viaxe espacial!
CRÓNICAS VIAXEIRAS DO SÉCULO XXI
Formato: 243 pp. 13 x 23 cms
ISBN: 978-84-89323-57-5
Relatos de viaxes con historias que atrapan dende o primeiro intre. Galleira é Galicia na xerga gremial dos afiadores, o irónico e mundial barallete. O termo serviulle de alicerce a Luís Menéndez, xornalista ambulante, para ganduxar tres inesquecibles travesías polas realidades multiculturais de 26 países. Desde Irlanda a Bretaña, desde Estonia a Chipre, de Brasil e Timor-Leste ata Mozambique.
Con Limiar de Manuel Rivas e ilustrado con fotografías das mellores travesías.
Do autor das series documentais da Televisión de Galicia: Terras de Merlín, Terras do Leste e Terras de Acolá. Inclúe un código “QR” con acceso directo á series da TVG que orixinaron estas viaxes.
Los últimos días en prisión en 1936 y 1937 del republicano gallego José Mejuto
Formato: 13 x23 cms. Pp.: 224
ISBN: 978-84-89323-91-9
****80 ANIVERSARIO GUERRA (IN)CIVIL 1936-2016****
Un testemuño único, conmovedor, da guerra civil española. Trinta e catro cartas escritas, entre outubro de 1936 e xuño de 1937, nos cárceres de Vigo, San Simón e Pontevedra polo preso republicano galego José Mejuto Bernárdez (1905-1937). Custodiadas na Arxentina pola súa muller e a súa neta, e depositados os orixinais dende 2015 na Real Academia Galega, ven agora a luz por vez primeira nunha edición ao coidado de Olivia Rodríguez que conta coa participación de Eduardo Galeano, Xesús Alonso Montero e da propia neta de José Mejuto, Ana Paula Mejuto.
«La sencilla historia de este obrero gallego, culpable de nada, es la historia de España, condenada a cuarenta años de miedo y casi cuarenta años de amnesia».
EDUARDO GALEANO
«Estas cartas, como un tesoro inestimable, recogen el ser de mi abuelo, sus últimas sonrisas, sus últimas palabras que lo rescatan del dominio de la muerte injusta. Hablan por todos los seres humanos que sufrieron el mismo destino. Sobre cada uno de los fusilados reposa un universo».
ANA PAULA MEJUTO
«Las cartas de José Mejuto Bernárdez son una página antológica de la epistolografía de los condenados a muerte de la guerra civil española. Una obra, por otra parte, que debería ser libro de texto, en los institutos, en las clases de Historia, de Ética y de Literatura».
XESÚS ALONSO MONTERO
Un músico compostelano en los albores del galleguismo
Páxinas: 162
Medidas: 13×23
Idioma: castelán
Data de publicación 1ª edición: maio 2010
ISBN: 978-84-89323-40-7
Encadernación rústica
Santiago Tafall Abad (1858-1930) foi unha figura clave no panorama cultural da Galicia de fins do século XIX e primeiro terzo do XX. Destacado músico e musicólogo, mestre de capela e cóengo da catedral de Santiago. Este volume, Santiago Tafall. Un músico compostelano en los albores del galleguismo, constitúe unha importante –e pioneira– aproximación á súa vida e obra. A autora, Beatriz Cancela, estuda a súa tripla faceta como docente, compositor e teórico, para centrarse logo na vinculación do músico co movemento “rexeneracionista”.
Tafall apostaba polo purismo musical e o estudo do folclore tradicional galego, catalogando os alalás como os cánticos máis puros, conectados co propio canto gregoriano. Consideraba o pasado medieval como a culminación da cultura galega. Profundou nas teorías vixentes da época, dentro do galeguismo tradicionalista no que estaba inmerso Compostela, e chegou a teorizar ao redor dos vínculos entre o folclore galego e o bretón, defendendo a orixe celta para a gaita e a medieval para a zanfona. Esta obra recibiu en 2009 o I Premio de Ensaio Histórico “Domingo Fontán” da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela.

