• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

compostela

El Camino de Santiago. El libro olvidado de 1965

18,50 

Álvaro Cunqueiro

 

140 pp . 14 x 21 cms
ISBN 978-84-18567-58-2
Capa dura. Con marcapáxinas en tea
Papel FSC Amigo dos Bosques

 

Alvarellos Editora rescata un libro esquecido do gran Álvaro Cunqueiro: El Camino de Santiago. Publicado en 1965 e nunca reeditado ata agora. Un coidado volume no que colaboran o fillo do autor, César Cunqueiro, e a especialista María Xesús Nogueira.

 

Descubrir un “novo” libro de Álvaro Cunqueiro é un pracer para os sentidos. E se ademais é unha guía do Camiño de Santiago, tan especial, tan persoal, tan chea de “sombras apaixonantes” e “nomes xigantes”, como este, o resultado é unha completa experiencia lectora… e viaxeira.

 

Álvaro Cunqueiro considerábase o último peregrino medieval. “A viaxe é para min unha experiencia poética”, afirmaba. Peregrinación e poesía. Estamos ante un texto breve pero cun caudal narrativo desbordante, onde cada parágrafo se recrea nun acontecemento, sexa real ou imaxinario, ou nunha combinación de ambos.

 

Chamámoslle “o libro esquecido”, porque así se mantivo durante todos estes anos. Desde que en 1965 se publicara por primeira e -ata agora- única vez.

 

Presentamos unha coidada edición comentada, dentro da nosa galardoada Colección Resccate. Inclúe un prólogo do escritor e fillo do autor, César Cunqueiro, e un estudo da especialista María Xesús Nogueira.

 

Viaxemos coa prosa singular de Cunqueiro por este antigo Camiño de Santiago co que tanto se identificaría o autor.

 

DOSIER DE PRENSA
(Xuño 2024)